Mar, 28 Set 2010, 11:51
Asunto: Re: A Pontenova
DESCRICIÓN DO PERCORRIDO
Km.- 0 – 01
Iniciámola carreira con 300 metros chaos; a partires de ahí collemos unha forte subida de 330 metros, que é a costa máis dificultosa de toda a carreira. (Pendentes do 25%)
Km.- 01 – 02
Chao e baixada.- Logo unha lixeira subida ate a mina do SARREDO. O paso por esta mina presenta algunha dificultade polas características do terreno, xa que á un sendeiro moi estreito, cheo de viricuetos que frenan a marcha e onde hai que circular en filas de a un. Como contrapartida presenta un alto atractivo pola variedade de accidentes físicos, dignos de ver e de pasar. (Hai sorpresas)
Km.- 02 – 03
Pista de terra en moi bo estado de perfil sinuoso moi doado de correr. Vista panorámica dende a pena da SALVE.
Km.- 03 – 04
Pista de asfalto en pendiente bastante pronunciada de uns 200m, á altura do povo de Pacios, o cal atravesamos.
Km.- 04 – 05
Pista de terra, sen dificultades mencionables, presenta perfil ondulado con pendente doada de pasar. Vista panorámica do povo de CONFORTO.
Km.- 05 – 06 – 07
500 m chaos, lixeira subida de 150 m, para logo baixar ata o cruce da carretera de SOUTODEMOGOS (asfalto). Neste cruce estará o posto de AVITUALLAMENTO. Ata a Ponte sobre o TURÍA e estrada de Taramundi, o percorrido é en baixada.
Km.- 07 – 08
Unha vez cruzada a estrada de Taramundi, e por unha pista asfaltada, iniciámola subida ate a Igrexia de Conforto, SANTUARIO MARIANO do século XVII. Importante Romaría o día 8 de setembro.
Km.- 08 – 09 – 10
Dende Conforto diririxímonos a SANMAMEDE. Ó primeiro baixamos 200 m para logo subir uns 250 m bastante pronunciados. O resto é sinuoso e atractivo. No Km 10 está a aldea de SANMAMEDE.
Km.- 10 – 11
Pista de asfalto en baixada-chao e baixada. Atopámolo povo de O BOULLOSO.
Km.- 11 – 12
Deixamos o asfalto da estrada de O Boulloso. Adentrámonos no TÚNEL DAS MINAS que atravesa a montaña. Ten unha lonxitude de 100 m. Logo baixamos á antiga vía de FFCC MINEIRO que percorría o traxecto de A Pontenova a Ribadeo.
Km.- 12 – 12,5
Por este vial totalmente chao chegamos á meta de A PONTENOVA.