xiamenfroi escribió: |
Eu teño as Nimbus 11, as Gel Stratus 2, unhas NB 1064 e as Supernova Glide 2. De todas elas, as mellores son as Nimbus, as NB foron un erro que agora emprego só para camiñar, e as Glide 2 merqueinas por unha oferta, estou contento con estas Adidas, eso sí, como alguén comentou son mais estreitas (polo que terías que probalas). O meu consello: cando empezas coas mellores (Nimbus) non sabes que o son ata que probas a competencia. Cando gaste as zapas que teño, hei de mercar outras Nimbus (13,14,16.... as que sexan). O do peso, home, non sei realmente canta diferencia pode haber. Eu personalmente prefiro tirar de 30 grs. mais nas Nimbus (que me dan mais amortiguación) que ir con outras. |