Dom, 10 Out 2010, 18:06
Asunto: Re: I carreira popular de Xermade
Excelente carreira, perfeta organización, bonito percorrido e ademais ben medido, tempo moi agradable, e pa rematalo mañíficos trofeos con premios en metálico incluidos (non estaban anunciados).
Destacar tamén que entre o perto de 150 participantes (entre todas as categorías) había duas atletas femininas que foron campionas de España na sua especialidade: Susana Castro (800 m) e Ana María Ferradás (100 Km).
A proba absoluta foi dominada dende o principio polo atleta pontés Juan Carlos Barro Rochela, que acadou a vitoria sen dificultade.
Como resumo, unha estupenda mañá deportiva con comida de confraternización final no bar "Encontro" cun espléndido menú composto por bos callos, mellor churrasco e postre rico-rico.
Gracias Abel e demáis compoñentes da Organización.
O ano que ven repetiremos.