Mar, 05 Out 2010, 20:38
Asunto: Re: XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES
XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES
Paseo Fluvial de Bertamiráns
Domingo, 24 de outubro
11:00 horas
Inscricións:
Email: inscricionsFGAsantiago @ gmail.com
Prazo: ata as 14:00 h do día 22 de outubro
Datos: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, club e nº de licenza federativa (se procede).
Información: no teléfono 981884991
REGULAMENTO
1. As probas disputaranse na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase no Paseo Fluvial e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3. As inscricións poderanse facer no e-mail inscricionsFGAsantiago @ gmail.com ata as 14:00 horas do venres 16 de outubro. Faranse constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, lugar de procedencia, club e nº de licenza federativa (se a ten). Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
4. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada no Paseo Fluvial de Bertamiráns ata media hora antes da proba correspondente.
5. Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Os premios non serán acumulativos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6. Todo corredor ou corredora que chegue á meta sen o dorsal será automaticamente descualificado.
7. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
8. Aos atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.
Haberá servizo de duchas no polideportivo para quen o desexe.
Haberá sorteo de agasallos ao remate da carreira.
Percorrido das categorías superiores (7500 metros aprox.)
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA
Prebenxamín 2003 e posteriores 11:00 h
Benxamín 2001-2002 11:10 h
Alevín 1999-2000 11:20 h
Infantil 1997-1998 11:35 h
Cadete 1995-1996 11:35 h
Xuvenil-junior 1991-1992-1993-1994 12:00 h
Promesa-sénior 1990 ata veteranos 12:00 h
Veterano A masculino Nados entre 1975 e 1965 12:00 h
Veterano B masculino Nados entre 1964 e 1955 12:00 h
Veterano C masculino Nados no 1954 e anteriores 12:00 h
Veterana D feminino Nados entre 1975 e 1960 12:00 h
Veterana E feminino Nados en 1959 e anteriores 12:00 h
CATEGORÍA DISTANCIAS
Prebenxamín 500 m
Benxamín 500 m
Alevín 1500 m
Infantil 2500 m
Cadete 2500 m
Xuvenil-junior 7500 m
Promesa-sénior 7500 m
Veterano A 7500 m
Veterano B 7500 m
Veterano C 7500 m
Veterana D 7500 m
Veterana E 7500 m
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).