Mar, 27 Xuñ 2006, 14:10
Asunto:
Ola.
Perdonade por non contestar antes, levo uns días desenchufado do ordenador.
Para volver ao punto de partida, Tui, non temos transporte, aínda que nos anos anteriores nunca tivemos problemas (a xente da organización temos alguns coches arriba, hai coches de participantes, acompañantes....).
Por supostos que as persoas acompañates poden participar na festa, nos pinchos en todo (como dicimos por aqui onde come un comen ...).
Se os acompañantes non participan na carreira, tamén se pode facer andando (cada ano somos máis), e conducen poden subir o coche ou se non conducen contactar con alguen da organización que suba.
Espero ter respostado as dudas.
Teño un pequeno lio montado cos correos, se alguén me pediu información sobre a súbida ou o maratón e non lla enviei insistide e perdonade.
Saúdos.