Sáb, 16 Out 2010, 21:23
Asunto: Adestramento orientado aos "Peques"
Últimas prazas para inscribirse no clube de atletismo MillaRaio.
Todos os nenos e nenas de entre 4 e 14 anos que desexen coñecer, aprender e practicar diferentes probas de atletismo poden anotarse xa no club de atletismo Millaraio. Os adestramentos do club están sinalados nas xornadas do sábado, de 13:00 h. a 14:00 horas da mañá, e para os maiores de nove anos. tamén sabado de 12:00 a 13:00 nas pistas da USC e tamén os mércores de 18:00 h. a 19:00 horas da tarde no Milladoiro. O club de atletismo Millaraio emprega as instalación do pavillón multiusos, no polígono do Milladoiro.
Correr, saltar e lanzar, son as diferentes modalidades que aborda o clube de atletismo MillaRaio. Por outra parte, crear un grupo cun ambiente propicio ao desenvolvemento social e aos hábitos sans xunto unha actitude de superación, forza e disciplina son os obxectivos que sempre están fixos na mirada deste club de atletismo amiense.
O clube de atletismo MillaRaio bota a andar un temporada máis coa intención de incrementar o número de inscritos nas súas filas. Este club adestra na pista do pavillón multiusos, no polígono de Milladoiro. Ademais, o club chegou a un convenio coa Universidade de Santiago para utilizar as pistas e materiais de atletismo nas instalacións do Campus Sur de Santiago, onde haberá sesións periódicas cos maiores de nove anos e, de forma máis esporádica, cos máis pequenos.
O clube conta cun equipo de orientadores deportivos moi cualificados tales como licenciados en Educación Física, especialistas no traballo coas categorías de base e no desenvolvemento psicomotriz. Ao cargo da dirección deportiva está Juan Pablo Fernández Rodrigues que dispón dun Máster en Alto rendemento Deportivo, está doutorando no departamento de Psicoloxía Evolutiva na Universidade de Vigo, e é autor de traballos científicos e conferencias relacionadas co adestramento a longo prazo e o talento deportivo. Juan Pablo Fernández ademais é atleta e representou a Galicia en moitas ocasións en campionatos de campo a través e pista, proclamándose campión galego absoluto en 800, 1.500 e 3.000 metros.
Todas as persoas interesadas en inscribirse no club de atletismo MillaRaio debe cumprimentar a solicitude de inscrición e remitir os documentos aos membros da directiva nos adestramentos. En caso de que o/a novo/a membro sexa menor de idade, este terá que ir acompañado dun adulto (pai/nai/titor/a) para formalizar a inscrición. Para máis información poden consultar a páxina web do club
www.millaraio.blogspot.com ou preguntar aos membros do clube en dias de adestramento ou na vindeira carreira do Concello de Ames, dia 24/10 en Bertamiráns.
Un saudo!