Ven, 26 Nov 2010, 12:02
Asunto: Proxecto TRND - Asics Trail Running
Certo día mirando nun foro de carreiras vín un anuncio que decía “¿Queres probar unhas zapatillas asics de trail?”. E como actualmente estou moi descontento co agarre (sobre todo en mollado) das que teño (unhas mizuno wave ascend 4 e unhas salomon xt wings), pois mandei a miña candidatura, que consitía en cubrir un breve cuestionario. Xa tiña todo esquecido cando recibín un correo informándome de que tiña sido seleccionado para o proxecto. Qué en qué consiste?, pois básicamente en probar as zapatillas de trail que che mandan e comentalo cos teus colegas de adestramentos, amigos, etc… e despois cubrir un cuestionario de satisfacción.
As zapatillas que me mandaron foron unhas ASICS GEL FUJI ES (as da foto), ainda están pendentes de probar sobre o terreo, pero a primeira impresión foi boa, ainda que non sei si serán adecuadas para o uso que tiña pensado darlle, tiradas longas no monte. As zapatillas son moi lixeiras, con un bó taqueado (polo que se lle presupón un bó agarre) e non levan gel na parte dianteira (só na traseira), polo que presupoño que irán ben para tiradas non moi longas polo monte ou carreiras curtas.
A ver si este fin de semana as podo probar e comento as primeiras impresións.
Saudiños.