Mér, 01 Dec 2010, 11:03
Asunto: V Subida ao monte Iroite
Como ven sendo tradición por estas datas vimos informarvos de que o vindeiro 1 de xaneiro de 2011 vaise celebrar a “mítica” Subida ao Iroite
Este ano cumprimos a quinta edición e voltamos contar ca axuda do Concello de Boiro
(coma o ano pasado) que pon á nosa disposición un autobús para baixar aos participantes ao remate da proba (tendes tamén a opción, totalmente gratuita
de facer a baixada correndo pero por outro percorrido de terra).
Para os que non coñezades a proba, que seredes moi poucos
, decirvos que non é unha carreira oficial
, nin da puntos no circuito
, senon que é unha quedada desenfadada que parte do alto de Moimenta e remata no cumio do monte Iroite (na Serra do Barbanza). O percorrido en todo momento estará aberto ao tráfico, polo que se pide moita prudencia, e consiste en 9 kilómetros de subida por asfalto dende o alto de Moimenta ata a base militar do monte Iroite (EVA10). A dificultade da proba rádica non tanto nas pendentes da ascensión
, que non son para tanto, senon no día no que se celebra
A saída darase ás 11 da mañán do día 1 de xaneiro do 2011 dende o cruce que leva á base militar do monte Iroite (estrada Boiro-Noia) e haberá un coche para que metades unha mochila que vos entregaremos na meta para cambiarvos.
Decir tamén que haberá trofeos para o primeiro home e a primeira muller que cheguen á meta. Ademais contaremos cun completo avituallamento ao finalizar a proba, non como o da carreira Pedestre de Santiago senon algo acorde a unha proba de tanto prestixio como esta e con tantos patrocinadores.
Non teremos clasificacións oficiais, nin servicio de cronometraxe (se algún quere saber o tempo que lle leva que traia o reloxio da casa), nin camiseta técnica, nin servicio de fisioterapia, nin avituallamento durante a proba (no final sí, abundante e variado)
Agardamos a vosa participación e agradecemos traer bó humor
Pouco a pouco vos iremos dando mais datos sobre esta entrañable proba.
Saudiños.
Última edición por Barbanzon o Lun, 27 Dec 2010, 8:56; editado 2 veces