xiamenfroi escribió: |
O problema é da estructura do Estado en España. A árbore da suposta democracia necesita unha renovación ben gorda (e digo suposta, porque ao meu entender a democracia española consiste nunha dictadura da Constitución, que non nos fai iguais nin libres). A este paso, cando nos demos de conta, a arbore estará seca e haberá que cortala polo pé. |
corvo escribió: |
e quen vai ser o que meta en cintura a bancos e ricachóns?? ...o PP ou PSOE?? que non son máis que títeres dos poderosos quen vai facer esa revolución popular nunha sociedade conformista que cala mentres nos quitan dereitos que outras xeracións sufriron anos para logralos??unha sociedade que por certo esta totalmente coaccionada por docenas de canales de televisións, radios, xornais e demais armas de manipulación masiva o servicio do poder.. ...fodido o vexo |
corroseguro escribió: |
con ZP mal, despois de ZP,con Rajoy, peor nos esperan uns anos moi difíciles, os ricos van ser mais ricos e a clase media-baixa cada vez mais pobre. o neoliberalismo invade europa, logo volverá un novo ciclo de dominio da socialdemocracia, a alternancia conservadores-progresistas se sucederá. ......e nos que vivamos para velo....si somos capaces de sobrevivir. |