Lun, 10 Xan 2011, 23:26
Asunto: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'
O clima de crispación política, motivado pola actitude incendiaria á que o 'Tea Party' leva sometendo á politica norteamericana dende hai uns anos, liderado por Sarah Palin (que na súa web chegou a poñer unha diana sobre certos líderes demócratas, igualito que si de Al-Qaeda se tratase), levou a que un descerebrado armado cunha Glock disparase e matase a un feixe de inocentes, entre eles a unha nena de 9 anos.
Os feitos semellan indicar que uns, a mencionada Palin & Cia, sinalaron os posibles obxetivos, sen pensar nas consecuencias da súa acción e sen pensar que hai moita pistola solta polos USA, mentras que un chalado lles completou a faena. Dende logo non poido crer que o fixese voluntariamente, nin que todo o Tea Party pense igual, pero sí parece que tensou a goma ata o límite, só para sacar rédito político. Ata esas consecuencias leva a crispación e a escalada de violencia dialéctica nun país que non vivira tal situación, probablemente, nunca na súa historia. Agora non hai mais que ver o Facebook da mencionada republicana ultraconservadora (estíveno lendo media hora) para ver o cruce de acusacións que se fai a cidadanía norteamericana, entrando moitas mensaxes por minuto, que na maoiría dos casos xulgan severamente a actitude da ex-gobernadora de Alaska. A este clima tamén contribuiu certa prensa e medios de comunicación norteamericanos (Fox News), que deberan revisar profundamente a súa ética periodística, si teñen á señorita
Etica en plantilla.
Extrapolando o sucedido, creo que en España poderíamos levar o mesmo camiño que alá. Agás a existencia de armas cortas á venda nos supermercados, temos o resto de ingredientes para facer o mesmo caldo ponzoñento que nos USA, de feito, xa hai tempo que o perol está ao lume e se están a botar esos ingredientes. Temos algúns políticos ultraconservadores coma Esperanza Aguirre e Alicia Sánchez-Camacho (esta última tamén fixo a ‘gracia’ dun
divertido videoxogo de disparos na rede…), mais que nunca hai moita prensa que voltou a retomar a senda do Nacionalcatolicismo, medios de comunicación gatunos cos seus felinos tertulianos, e unha masa social desexosa de sangue. E finalmente temos o motivo e o culpable para perpetrar a receita: a crise económica e ZP.
ZP é un cadáver político. De iso non me cabe duda, e está tratando de chegar ás eleccións xerais de 2012 sen desvelar públicamente si vai ou non vai presentarse á reelección. A día de hoxe estou convencido que non o vai facer, e que se limitará a non deixar moi retrasado nos tacos de saída ao seu sucesor Rubalcaba. E a verdade é que non debe seguir: a súa xestión da crise foi e está sendo nefasta. Ese simple feito xa levará ao PSOE a perder as eleccións, tal e como pronostican todas as enquisas. Mais vendo cómo están a gobernar outros en Galicia, xa estou a pensar en cambiar de deporte, deixar o running, e adicarme á verdadeira afición que leva no sangue todo bo galego que se precie: a emigración.
Pero iso non quere dicir que me guste o que está a pasar en España e en Galicia últimamente. A xente na rúa está cada vez mais radicalizada, os debates acalorados doutro tempo no bar xa están pasando de castaño oscuro, e mesmo moi pertiño asoman exemplos da caverna mais rancia, resesota, tradicionalista e retrógrada. Eles dirán que outros son exemplos da barbarie comunista e nacionalista. E así se estará, cadaquén na súa trincheira, zumbándose todo obxeto arroxadizo que haxa a man e lembrando aquela famosa frase da película ‘Highlander’: Só pode quedar un…
Ata aquí chegamos. E a verdade, non sei o tensa que está a goma en España, nin canto mais pode dar de sí. Só agardo que a ninguén lle ocorra aquí o que pasou no aparcadoiro do supermercado de Tucson mentras que unha muller lle expoñía pacíficamente as súas ideas e soños a un grupo de veciños, sen descalificacións ou insultos, en paz.