Ven, 04 Mar 2011, 19:47
Asunto: Re: Unha duda sobre a aplicación das normas
Está claro que me estás a chamar troll, cousa que no resto de subforos se pode comprobar que non é certo, porque ningún outro moderador se queixou de min (e moito menos, me menosprezou).
Tamén se ve que, como moderador, pasas de permitir que un foreiro insulte a outro a facelo ti de forma activa...
Creo que é xusto o que calquera foreiro non esperaría dun moderador: que en vez de darlle unha resposta razoada e coherente, lle solte un adxetivo descalificativo.
Sen embargo, non respostaches á miña pregunta (que, por certo, non ía dirixida a tí pero vexo que te sintes aludido). E xa que lanzaches a pedra, me tomo a licencia de respostarche á 'bromiña' que me adicas, dicíndoche que é certo: o servicio é asqueroso,
pero a compañía do 99% dos comensais é estupenda, e ás veces se aprende moito das polémicas e debates xerados en determinados temas (eu polo menos penso así, pero é mérito dos foreiros, non voso).
Un saúdo.