Mar, 26 Abr 2011, 21:55
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA
Ahhh! un comentario explicativo a modo de exemplo do que eu chamaba máis arriba unha carreira "popular-popular", para que ninguén se faga falsas expectativas:
* Nada de chip
* Dorsal de cartulina, sin plastificar e co número escrito a rotulador
* Clasificacións que igual tardan en aparecer publicadas, ou non aparecen
Falo de cando eu fun, no 2009; non sei se o ano pasado cambiou moito a cousa, a ver qué comenta a xente se algúén foi no 2010. No 2009 creo lembrar que finalmente non apareceron clasificacións en Correr en Galicia; eu souben o meu tempo porque o preguntei ao acabar á xente que cronometraba, e porque logo recibin un correo indicandome o meu posto, etc.
Comento isto porque igual estamos moi acostumbrados xa a ouotros medios: que si ChampionChip, que si dorsais aos que apenas lles afecta a choiva, que si aos 15 minutos de rematar tes as listas perfectamente impresas nun taboleiro e esa misma tarde publicadas en algunha web... Pois ou moito cambiou a cousa en Bóveda dende o 2009, ou olvidádevos de todo iso: alí imos a correr, a disfrutar dun bo ambiente, a picar algo ao final cos correlegas se nos dan... e eu, que ese ano cheguei co dorsal na man, medio desfeito -o dorsal, digo; eu algo mellor, non moito
- dende o km 2 ou 3 pola auga que caeu, moi agradecido; o resto son exquisiteces que temos que recoñecer que gustan, pero que non son imprescindibles: somos runners, non? pois corramos.
Espero que a xente de Bóveda non considere este post inconveniente, pero tampouco estaría ben que os posibles asistentes esperaran o que non van a ter, ou algunhas cousas ás que xa imos estando acostumados. Aínda que igual xa o ano pasado cambiou todo e ista carreira fíxose máis "estándar"... En realidade, estou tratando de evitar comentarios críticos post-carreira por cousas como as que acabo de citar.
Veña, saúdos para todos e bós entrenos.