Mar, 03 Mai 2011, 9:08
Asunto: Volta ó Morrazo por relevos (Bueu 2011)
Boas!!!
Poño algo de información q sae no calendario desta interesante carreira que se celebrará en dúas semanas.
Espero igual que vós nos próximos días ter máis información da proba
Saudos.
Descripción
VII Volta Pedestre por relevos ó Morrazo, Bueu
Data: martes, 17 de maio de 2011.
Hora: 9:30 h.
Lugar: frente ó Musseo Massó, Bueu.
Distancia: ver no regulamento.
Organiza: Clube de Atletismo Corredoiras coa colaboración do Concello de Bueu.
Inscrición: -
Web: Concello de Bueu
EQUIPOS
Deberán estar integrados por 9 relevistas dunha mesma categoría.
Caso de ter que cubrir o número con algún corredor de outra categoría, terase como referencia a categoría superior a que perteza algún deles.
Ningún relevista pode facer máis de un relevo.
Poden participar máis dun relevista por clube e tómase como referencia o tempo do primeiro deles que chegue.
CATEGORÍAS
Xunior masculino e feminino ate 20 anos cumpridos o día da proba
Senior masculino e feminino atee 39 anos
Veteranos masculino e feminino de 40 anos en adiante cumpridos o día da proba
SAÍDAS
As saídas de cadaunha das postas darase conxuntamente a todos os relevistas no intre da chegada do primeiro relevista da posta anterior. O resultado final farase sumando os tempos dos primeiros integrantes de cada equipo.
PERCORRIDO
Bueu-Bon: 5.1 Kms
Bon-Aldán: 4.9 Kms.
Aldán-Cangas: 5.4 Kms.
Cangas-Moaña: 7 Kms
Moaña-Broullón: 5.9 Kms.
Broullón-Miñán: 6.3 Kms.
Miñán-Marín: 6.3 Kms.
Marín-Seixo: 4.9 Kms.
Seixo-Bueu: 7.1 Kms.
En poucos días colgarase na páxina web do Concello de Bueu o regulamento da proba e información complementaria (Perfíl, cómo inscribirse, etc)