Foros ›
Autor
Mensaxe
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 19:26
Asunto: Andaina pola illa de Ons

Xá ven sendo unha clásica que pecha o programa de Ponte a Andar que organiza a Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.
Este ano, dado o éxito de edicions pasadas, imos programar dous días, podedes elexir entre o sábado 4 e domingo 5 de xuño.
Imos sair do porto de Ribeira as 8.30 horas, a chegada esta prevista a illa de Ons as 10.00 h. aprox.
Dende o porto imolle dar a volta a illa, desta vez cara a praia de Melide, punta Centolo e Faro. Neste punto a xente que queira voltar para o pobo -Curro- o pode facer dado que esta moi preto do Faro.
Imos seguir para ver o Buraco do Inferno e o mirador de Fedorentos e rematar a ruta no pobo.
Decir que a distancia aprox. da ruta corta é de 5 kms e da longa de 12 kms. que imos ir a un ritmo lento, con varias paradas e que trataremos de rematar aprox. sobre as 13.00 horas, para ter a tarde libre para disfrutar, esperemos que con bó tempo, das praias desta preciosa illa.
As 18:00 horas temos que estar todos no porto para voltar a Ribeira.
A andaina é guiada, esto quer decir que tendes que estar sempre dentro da ruta e ritmo que marquen os monitores.
O prezo da viaxe é de 15 euros por persoa, o prazo de inscrición xa esta aberto e remata o estar cuberto o cupo do barco.
Tendes toda a información na páxina da Cofradía da Dorna www.eniac-informatica.com/dorna/
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Mai 2011, 11:20
Asunto: Re: Andaina pola illa de Ons

Esquecécheste de apuntar que hai 150 prazas, e para o domingo xa están cubertas máis de 100.

O que non se mova perde o sitio.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2011, 14:45
Asunto: Re: Andaina pola illa de Ons

As prazas para o domingo están todas reservas, ainda que falta a confirmación do ingreso de bastante xente.
Quedan prazas para o sábado, polo tanto, o que lle este dando voltas o tema que se decida rápido.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos