Mér, 23 Ago 2006, 13:57
Asunto:
Boas.
Sobre este triatlón de cambados, podo dicirche que non é como o de Allaríz, e moito máis popular, faise a carón da praza no paseo marítimo, por onde esta protección civil, e comeza nunha especie de illa artificial.
As inscricións son media hora antes, tendo dúas categorías unha pra os nenos e outra pra os maiores, na que se inclúe os profesionais cos populares así que tanto podes ver unha bici de carreiras coma de montaña. As distancias a golpe de ollo mais ou menos son de 500 metros nadando, despois cinco voltas a un circuíto que esta polo paseo 5km, e despois duas voltas correndo 2km. Aínda que cho digo de memoria. O ano pasado estíveno vendo e pareceume moi faciliño. Non sei se este ano contan coa colaboración da federación pero creo que os outros anos era unha labor máis ben municipal.
Espero que che servira de axuda.
Vémonos.