Lun, 11 Xul 2011, 11:49
Asunto: XXVII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2011]
Se non ocorre nada raro, un ano máis vaise a celebrar esta xa tradicional proba de principios de setembro.
O Concello xa empezou os preparativos preliminares, co que xa se puxo en marcha o proceso.
Aínda que xa non son membro da organización, un ano máis imaxino que desde o GAM andaremos a poñer o noso gran de area.
Así que se se plantexa algunha dúbida neste foro, como exorganizador aclararei as que estén nas miñas mans, e as que non gustosamente llelas transmitirei ó Concello para que as resolva.
Resumindo, o vindeiro domingo 11 de setembro:
--------------------------------
XXVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO
Hora: 11 da mañá
Lugar:
Praza do Concello [en mapa de carreiras de Correrengalicia]
Concello de Meaño (zona de meta) [en street view de Google]
Organiza:
Concello de Meaño
Inscricións:
Championchipnorte
--------------------------------
Aproveito a ocasión para deixarvos un enlace a un tema do foro de
fotos e vídeos no que puxen algunhas fotos da exposición feita polo 25 aniversario. Nalgunha pódese ver algún que outro foreiro cun feixe de anos menos.... ¡É que os aniños non pasan en balde!
FOTOS CARREIRA POPULAR DE MEAÑO, 25 anos de historia.
Se queredes saber máis, mirade aquí:
Carreira Popular de Meaño.
Saúdos.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Última edición por Marcos o Xov, 18 Ago 2011, 10:56; editado 4 veces