Mar, 09 Ago 2011, 19:03
Asunto: Re: I Carrera Solidaria Decimas - Atletismo Narón
I Carreira Solidaria Décimas - Narón
A " I Carreira Solidaria Décimas - Narón ", organizada pola ONG LENA, o Club de Atletismo Afflelou Narón e Décimas Ferrol, celebrarase o domingo día 2 de Outubro de 2011 a partir das 10:00 da mañá. A proba rexerase polo seguinte regulamento.
REGULAMENTO XERAL:
1. Poderán participar atletas federados e non federados. Haberá unha soa clasificación conxunta.
Categorías e premios:
Establécense as categorías masculina e feminina e, dentro destas, as seguintes:
• Biberóns: nad@s en 2007 e 2006
• Pitufos: nad@s nos anos 2004, 2005
• Benxamín: nad@s en 2003 e 2002.
• Alevín: nad@s en 2001 e 2000.
• Infantil: nad@s en 1999 e 1998.
• Cadete: nad@s en 1997 e 1996.
• Xuvenil: nad@s en 1995 e 1994.
• Junior: nad@s en 1993 e 1992.
• Promesa: nad@s en 1991, 1990 e 1989.
• Absoluta: nad@s de 1988 ata veteranos.
• Veteran@s: De 35 anos cumpridos no día da proba en adiante.
2. DISTANCIAS E HORARIOS DAS PROBAS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 horas Biberóns e Pitufos 50 metros
10:45 horas Benxamín e Alevín 900 metros
11:00 horas Infantil/Cadete 2.700 metros
11:30 horas Absoluta 10.000 metros
13:00 horas Entrega de premios na Praza da Gándara
3. INSCRIPCIÓNS
As inscricións deberán ser enviadas ao correo electrónico onglena @ onglena.org, ou presencialmente en Décimas-Ferrol (Alcampo), debendo facer constar os seguintes datos:
- Nome e Apelidos.
- Data de nacemento completa (aa/aa/aaaa).
- Correo electrónico.
- Empresa, club, colectivo ou entidade ao que pertencen.
O prezo da inscrición son 5 euros, que se aboarán no momento de inscribirse a través da conta 2091 – 0235 - 51 - 3040001240 de Nova Caixa Galicia ou 2100 - 1831 – 33 -0200092185 de La Caixa poñendo como ordenante o nome completo e como concepto Inscrición Carreira Solidaria.
A inscrición será GRATUÍTA para as categorías biberóns, pitufos, benxamín, alevín, infantil e cadete.
O prazo de inscrición e pagamento rematará o xoves 29 de setembro ás 19:00 horas, ou cando se chegue aos 600 participantes na categoría absoluta. Non se admitirán inscricións o día da proba.
A totalidade do recadado a través das inscricións nesta I Carreira Solidaria Décimas-Narón destinarase integramente ao proxecto educativo que a ONG Lena financia na cidade de Lençois (Bahía – Brasil). Máis información en
www.onglena.org
4. RETIRADA DE CHIPS, DORSAIS E CAMISETAS.
- Na Tenda Décimas (Alcampo-Ferrol) de 10:00 a 22:00 o sábado día 1 de outubro.
- Unha hora antes do horario da saída de cada proba.
- Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante da categoría absoluta, ata fin de existencias.
- É imprescindible presentar o DNI.
5. A SAÍDA da categoría absoluta darase na R/Pintor Sotomaior (á altura da Praza da Gándara) ás 11:30 horas cun percorrido de 10 km polas rúas de Narón, con chegada á Praza da Gándara.
O PERCORRIDO discorrerá a través das seguintes rúas:
Saída R/Pintor Sotomaior en dirección R/Concepción Arenal, xiro á esquerda e continuamos pola R/Concepción Arenal ata a Estrada da Gándara, xiro á dereita e continuamos pola Estrada da Gándara ata a seguinte rotonda, xiro á dereita e continuamos pola Estrada da Trincheira. Na seguinte rotonda, primeira saída á dereita dirección Estrada da Gándara, xiro á esquerda pola R/Polígono Industrial da Gándara ata a Avda. do Mar, xiro á dereita e continuamos pola Avda. do Mar ata a rotonda do Mercadona xirando á esquerda por R/Luís Seoane e continuamos, xiramos á dereita e continuamos pola Avda. de Castelao ata a rotonda da Seat, xiro á dereita pola Avda. do Mar e seguimos ata a rotonda do Mercadona onde xiramos á esquerda, continuamos pola Estrada do Pavillón, xiro á dereita e continuamos por Avda. Irmáns Pita ata o final volvendo pola mesma rúa e xirando á dereita na R/Fonsagrada continuando e xirando á esquerda na Estrada da Gándara, entrando á Praza da Gándara pola R/Pintor Sotomaior, facendo o primeiro paso por META.
Continuamos ata a R/Concepción Arenal, xiramos a esquerda e continuamos pola R/Concepción Arenal, xiramos á esquerda pola R/ de Vigo por onde continuamos ata a Estrada da Gándara, xiramos á dereita e continuamos pola Estrada da Gándara desviándonos pola R/Celso Emilio Ferreiro ata a rotonda de Casa Juanito, xirando á esquerda continuamos pola Avda. de Cataluña ata a R/Camiño da Praia, xirando á dereita para volver pola Avda. de Cataluña ata a Avda. de Castelao, xirando á esquerda para seguir pola Avda. de Castelao ata o Hotel Husa-Odeón, xirando á esquerda para seguir pola R/Camiño da Praia, xirando á esquerda pola R/Felipe Colmenero, cruzando a Estrada da Gándara para entrar pola R/Pintor Sotomaior onde estará situada a META.
Achégase plano do percorrido.
Os corredores levarán durante toda a carreira o dorsal debendo chegar a meta con el.
O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.
Poderase dispoñer de servizo de duchas e vestiarios.
6. Haberá servizo de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na metade e ao remate
da proba por cortesía dos colaboradores.
7. Tódalas persoas inscritas na proba deberán devolver o chip ao rematar á mesma. A non devolución ou perda implica o pago do mesmo, así como o non dereito de recibir regalo algún e aparecer na clasificación.
8. A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
9. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Establécense os seguintes premios :
? BIBERONES E PITUFOS:
- Agasallo a tod@s @s participantes.
? CATEGORÍAS ESCOLARES:
- Medalla aos 3 primeir@s corredor@s de cada categoría por idade e sexo.
? PROBA ABSOLUTA:
- Trofeo aos 3 primeir@s da clasificación xeral Masculina e Feminina.
- Medalla aos 3 primeir@s corredor@s de cada categoría por idade e sexo.
10. SORTEO:
Haberá un sorteo de material deportivo e diversos produtos doados polas firmas colaboradoras entre todos os participantes, unha vez rematada a entrega de premios.
11. RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puideran causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias dos mesmos. Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar esta proba facéndoo baixo a súa responsabilidade, eximindo á organización da proba de dita responsabilidade. Inscribirse nesta proba supón a aceptación plena destas normas.
Última edición por diegoep100 o Mér, 07 Set 2011, 9:44; editado 2 veces