Dom, 14 Ago 2011, 9:46
Asunto: Conocer xente e circuitos de Outes e Noia.
Hooola compañeir@s, este verán por fin tranquilamente na casiña (Cruceiro de Roo) puidén soltar perna e levar a cabo o entrenamento que durante o ano levaba prácticando no lugar onde resido normalmente en Navarra. Coñecin a forza de perderme un pouquiño tamén circuitos e rutas que endexamáis houbera pensado o ladiño de casa, gracias en parte que ahora teño ganas de sair a camiñar ou correr.
Pero as vacacións rematán non así as ganas de seguir millorando e seguir coñecendo novos percorridos. Aquí da parte do Cruceiro de Roo co paseo maritimo que nos fixeron desde a praia de Broña hasta o Freixo é unha gozada sair a correr(http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1938568), tamén percorrer as 3 pontes que pasan pola ponte Nafonso, ponte nova e Ponte do Engano (http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1910988)
Agora só podo vir un fin de semana ó mes e con moito menos tempo para experimentar a "perderme" en atopar novas rutas, polo que agradecería moito que me pouderades indicar algunha tanto para senderismo como para correr preto de onde son eu. Que decir que si é con compañía moito mellor, eso sí, avisando que eu son novato en correr, levo menos dun ano e podo entorpecer o ritmo de máis de un, aínda non consigo baixar dos 6 min o Km
Pois nada máis, moitas gracias e vos vou lendo