Foros ›
Autor
Mensaxe
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 21 Nov 2011, 21:24
Asunto: zapas barefoot

¿ quen ten experiencia con zapatillas sen talón (barefoot ), como as Vibram fivefingers, Vivobarefoot, Merrell, Inov-8, etc ?

Eu estou probando por asfalto descalzo e cas Newfeel many, pero para camiños trialeiros fan falla zapas especícicas coma as que relato.

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Nov 2011, 22:38
Asunto: Re: zapas barefoot

A mi me acaban de regalar unas Nb minimus trail que todavía no he probado, pero para lo que dices deben ser ideales.
dpaleo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/07/10
0 Carreiras
43 Mensaxes
O outro lado do Tea
Respostar citando Envío Mar, 22 Nov 2011, 11:47
Asunto: Re: zapas barefoot

Boas guti290971:

tes moitas opcións (por desgraza nas tendas físicas en Galicia non tantas) algunhas máis mínimas e outras un pouco menos: NB Minimus Trail como xa dixo JillY, Merrel Trail Glove, Vibram Five Fingers KSO Trek, Vivo Barefoot Neo Trail, Inov8 Bare Grip 200, Inov-8 F-Lite 195, Brooks PureGrit, Saucony Peregrine... e así case ó infinito.

En teoría debería servir calquera zapa que:

1. Non teña diferenza entre talón e punteira (zero-drop) ou a menor diferenza posible.
2. Teña un antepé amplo para non apreta-los dedos.
3. Non pesen moito.
4. Sexa moi flexible.
5. ¿Teña cores bonitas?

Un saúdo

"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.

Última edición por dpaleo o Mér, 23 Nov 2011, 8:59; editado 1 vez
cabuxamontesa

Montañés
Montañés
26/10/10
0 Carreiras
104 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Nov 2011, 16:40
Asunto: Re: zapas barefoot

Eu teño as NB Minimus Road e son unha pasada, podes usalas sin calcetin que non notarás que rozan en ningún sitio. Recomendadas 100%
rupimx2

Maratoniano
Maratoniano
29/07/10
2 Carreiras
117 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Mar, 22 Nov 2011, 22:52
Asunto: Re: zapas barefoot

Eu teño unhas Merrell e as estou alternando coas zapatillas normais, xa din corrido 8km por monte e asfalto con elas pero coido que non podería correr moito mais sen acabar mooooi dolorido!!! Hai que ir acostumandose pouco a pouco. É un excelente traballo propioceptivo e de forza para previr lesións.
dpaleo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/07/10
0 Carreiras
43 Mensaxes
O outro lado do Tea
Respostar citando Envío Mér, 23 Nov 2011, 9:41
Asunto: Re: zapas barefoot

Boas,

as opcións anteriores eran para monte. Para carreteira tes aínda máis opcións:
- Newfeel Many
- NB Minimus Road
- Varios modelos de Vivo Barefoot: Ultra, Neo, Evo, Aquiles
- Varios modelos de Vibram Fivefingers: Classic, Bikila, Speed
- Varios modelos de Inov8: Inov-8 Bare-X Lite 150/200
- Brooks Pure Connect/Cadence
- Nike Free 3.0 (menos minimalistas para o meu gusto)
- Sandalias varias: huaraches, Branca, Piessucios
- Chanclas de piscina (sí, hai xente que corre con isto)
- Escarpíns náuticos (ou, en inglés aquasocks)
- As chamadas Plimsolls (as lonas de toda a vida),
- Zapas voladoras varias: Mizuno Wave Universe (creo que van pola cuarta edición), Adidas Adizero...
- Se me apuras, ata istas: www.onemoment.es

En definitiva, calquera zapa que cumpla os requisitos anteriores. Aquí tes unha lista de zapas para correr "descalzo", dende máis mínimas a menos: birthdayshoes.com/bare...ning-shoes

Un saúdo

"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.
Cándido

Montañés
Montañés
4/10/08
0 Carreiras
1917 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 25 Nov 2011, 11:48
Asunto: Re: zapas barefoot

Otras páginas interesantes acerca de zapatillas minimalistas:
correrdescalzo.blogspot.com
www.zapatillasminimalistas.net
www.zapatillasminimalistas.com

"La gente me pregunta por qué corro. Yo les digo: ¿Por qué dejasteis de correr?" (Jeremy Wariner)
porpiernas.blogspot.com
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Ven, 25 Nov 2011, 13:45
Asunto: Re: zapas barefoot

moitas grazas polas respostas, pero quería saber experiencias persoais, non teóricas.
Non coñezo a ninguén que as teña, e en Galicia non hai onde probalas nin mercalas.
Xa investiguei pola rede algo e chego a conclusión de que a suela vibram non agarra ben en mollado, polo que en Galicia, se chove, facer trail cas VFF ou cas Merrell, case que non.
As Inov -8 teñen tacos moi bos, e as Vivo Neo trail non tanto, pero coido que mellor cas Vibram serán.
Kilian está a probar unhas Salomón minimalistas. a ver como resultan...

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Nov 2011, 19:44
Asunto: Re: zapas barefoot

Las minimus trail que me regalaron salieron de la tienda Deportes Athletic's en Vigo, que no las tengan en tienda no quiere decir que no las puedan pedir.
Al parecer han sacado un modelo nuevo porque la gente se quejaba de la poca durabilidad de la suela.
Puedes verlas en el siguiente enlace.
New Balance Minimus Trail
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Dom, 27 Nov 2011, 17:44
Asunto: Re: zapas barefoot

Pois hoxe fixen a Dragoman por primeira vez.
Levoume 51 mins acabala.
Corrin en plan minimalista, cas Newfeel de 10 €, e fun o meu ritmo habitual de 4:30 ata a super subida de 5 kmts, onde fun a 7:00.

Ata a subida, fun en plan barefoot, ca espalda dereitiña, pàsiños curtos pero con moita cadencia, e non me notei mal.
Nas costa, xa de por si apoiase de metatarso, polo que non notei variacion.

Agora , na casiña, non me doe nada.Veremos maña....

Pd: Habia un corredor cas vibram fivefingers, e adiantoume sobrado.

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 27 Nov 2011, 20:39
Asunto: Re: zapas barefoot

as Newfeel esas son as do Decartón de colorines combinados?

xa non pola sola, se non pola tela de arriba, levaban calcentíns gordos para non ter rozaduras?

e non esbarabas? ou polo menos faltaríache "grip"

eu xa podo ir con katiuskas ou descalzo que tamén me pasan "sobrados" XD

grazas por compartir a vosa experiencia

-- Chámame "ghose"
dpaleo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/07/10
0 Carreiras
43 Mensaxes
O outro lado do Tea
Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2011, 11:50
Asunto: Re: zapas barefoot

Boas a todos,

persoalmente, levo as Newfeel Many sen calcetíns nin plantillas. Ás veces dan algún problema de rozadura no talón, pero a solución é sinxela: dobra-lo talón da zapatilla cara adentro e listo.

Estou pensando en botarme ó monte e, para iso, merca-las Vivo Neo Trail. Se finalmente as collo xa comentarei como van.

Saúdos.

"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2011, 12:10
Asunto: Re: zapas barefoot

Corrin cos calcetins Kalenji 800, gordiños, e sen problemas.
Non resbalei pois non había xeo.
Encarguei para o monte as Vivo Neo trail, pois agarran mais que as Merrell, e son mais polivalentes cas Inov - 8 , que son moi taqueadas.

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
dpaleo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/07/10
0 Carreiras
43 Mensaxes
O outro lado do Tea
Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2011, 15:20
Asunto: Re: zapas barefoot

Boas guti290971,

entón xa nos contarás cómo van.

Por certo ¿algún problema coas Newfeel en mollado? e que normalmente non entreno cando chove e o sábado teño unha carreira e non sei si fiarme do agarre en mollado das Many.

Saúdos.

"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2011, 17:06
Asunto: Re: zapas barefoot

As Newfeel non agarran ben en mollado , pero se non chove se poden usar.
No asfalto non esvaran, ainda que quizais si enriba da pintura dos pasos de peóns, e baldosas moi lisas molladas.
saudos, dpaleo

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos