Foros ›
Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2011, 13:10
Asunto: Metrónomo [app] para o móbil

estiven mirando no Market do android e hai metrónomos orientados aos músicos, pero coñecedes algún para corredores?

xa sexa app ou widget

o cronómetro que uso vai marcando a cadencia, pero é por non ir mirando continuamente para él.

-- Chámame "ghose"
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2011, 14:16
Asunto: Re: Metrónomo [app] para o móbil

eu grabei co meu móvil a cadencia de 180 ppm, que vin nunha páxina de internet, e vouna escoitando para ir pisando acorde o ritmo.

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
dpaleo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/07/10
0 Carreiras
43 Mensaxes
O outro lado do Tea
Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2011, 17:57
Asunto: Re: Metrónomo [app] para o móbil

Boas pikamoku,

Aquí tes diferentes metrónomos en formato mp3. Supoño que só é cuestión de reproduci-lo arquivo 180 bpm (ou 90 bpm) nun loop.

Persoalmente conto os pasos dunha perna en 15 segundos. Logo multiplico x4. Segundo din os expertos, é mellor contar cando levantas o pé, centrarte en levanta-lo rápido, non cando o apoias.

E se queres face-lo máis friki, pon o mp3 tranquilamente na túa casa cando non corres, para interioriza-lo ritmo.

Saúdos.

"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2011, 15:59
Asunto: Re: Metrónomo [app] para o móbil

si si, o friki é pa min Mr. Green


gracias, é só para coller o ritmillo. Supoño que con uns días e un pouco de concentración sabes se vas ben ou non, tampouco me fai falta ir clavado Guiño

-- Chámame "ghose"
dpaleo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/07/10
0 Carreiras
43 Mensaxes
O outro lado do Tea
Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2011, 10:43
Asunto: Re: Metrónomo [app] para o móbil

Boas pikamoku,

segundo teño lido, a cadencia de 180 é un "consenso de mínimos". Coinciden nela os do barefoot, os do Chi Running, os do POSE method, os do Evolution Running...

Despois, cada un ten que adapta-la as súas características. Hai xente que lave unha cadencia de 175 e outra 195 e os dous van cómodos. Outro exemplo: normalmente, levas unha cadencia maior cando corres completamente descalzo que con zapas minimalistas.

Se me permites un pequeno consello: colle os elementos da técnica e adáptaos a ti mesmo: fainos teus. E sobre todo: despaciño e boa letra.

Saúdos.

PD: falando de frikismos: ¿hai xente interesada en facer unha "quedada descalza"? Para: compartir impresións, progresos, erros, falar de material, técnica de carreira, gravarse en vídeo para mellorar e, por suposto: correr.

"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos