Xov, 22 Dec 2011, 20:58
Asunto: 3ª mushing de Boiro
O club AGACETT ( asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro) xunto co Concello de Boiro van organizar o 3º Mushing Concello de Boiro.
Desta volta temos varios cambios con respecto á edición pasada.
O primeiro cambio é que non puntúa para a liga galega de Canicross e pasa a ser de carácter popular, xa que non estamos dacordo con algún punto que require a federación para incluila na liga.
Outro cambio é na modalidade de bikejoring; modalidade na que estarán incluídos os equipos de bikejoring con un can, bikjoring con 2 cans , triciclos e carros.
A distancia e lugar será igual á edición pasada: pola mañan en San Ramón de Bealo cun circuito de 7,2km , e pola tarde en Praia Xardin cun circuito de 1 milla.
Outro cambio será, que a modo de inscripción, todo corredor deberá colaborar dalgún xeito ca
protectora A Moura, xa sexa con material ( novo ou de segunda man, como correas, collares,arneses)con alimentos e zoosanitarios( pienso seco ou humedo, pipetas,collares antiparasitarios... etc). todo esto á voluntade. Tamén se poderá colaborar ca protectora mercándolle unha camiseta no stand que terán no lugar da saida.
Ó ser de caráter popular , esperamos que todos aqueles que teñan o gusanillo de probar isto do canicross, o intenten ,que se lle facilitara o maximo posible ( dentro duns marxens loxicamente). Para iso poñerse en contacto ca organización.
Lugar BOIRO
Data: 19/02/2012
Hora: a partir das 9:00AM ( duas quendas, 1 pola mañan e outra pola tarde a partir das 16:00)
Inscripción: Gratuita ( colaborar ca protectora á voluntade)
Proximamente máis información en :
atletas caninos
agacett