Dom, 06 Mai 2012, 20:00
Asunto: Re: maraton nueva york 2012
Para o vóo a mellor opción (para mín) é Iberia dende Vigo vía Madrid. É a combinación mais directa e se o colles contempo sae tan bén de prezo ou mellor que outras.
E hotel ben de prezo e barato en New York.... non existe :-).
Os hoteis decentes son caros. Non atopas nada que se poda decir decente por menos de 100 $ .
A última vez que estiven busquei aloxamento en casa privada a través desta páxina:
www.airbnb.es que xestiona aloxamentos en casas particulares por todo o mundo. Tamén hai que ter paciencia e buscar bastante e si queres algo céntrico tamén sube dos 100$
Si vas por primeira vez a New York e mellor ir a un hotel que este polo centro de Manhattan perto de Times Square xa que é moi cómodo para facer turismo e queda moi a mán de Central Park.
Comeza a buscar con tempo e compara prezos en axencias e en internet e....moito ánimo.