Foros ›
III Andaina San Cibrao das Viñas (Ourense)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 11:24
Asunto: III Andaina San Cibrao das Viñas (Ourense)

Fermosa andaina !!!

Pra non repetirme Muro

A leer no meu blog a información sobre a mesma:

jeffxavi.blogspot.com/...o-das.html

(non teño contador de visitas Razz Razz )

www.jeffxavi.blogspot.com
Cecebre

Mods
Mods
9/11/03
0 Carreiras
1346 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 12:35
Asunto: Re: III ANDAINA SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE)

Máis info na web: Concello de San Cibrao

III Andaina popular rutas de sendeirismo, San Cibrao das Viñas

Descarga o tríptico: Tríptico (PDF - 0.90 MB).

Terá lugar o vindeiro domingo 20 de setembro de 2009 con saída ás 9:00 horas.

O punto de partida: estará situado na área recreativa de A BOUTUREIRA. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense - San Cibrao das Viñas - Vilanova - Soutopoenedo - A Merca... No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.

Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para uso nos GPSs de uso corrente.
GPS: 42º15'58"N, 7º53'01"W

Percorrido
Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 21,5 quilómetros, e constará de dous tramos de forma circular, con punto central en A BOUTUREIRA, podendo cada participante remata-lo percorrido ó final de cada tramo.

TRAMO 1º: A Boutureira - Montelongo de Arriba - Penedo - A Torre - A Boutureira. Distancia: 11,300 quilómetros.
TRAMO 2º: A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - Muiño Victoria (tramo alternativo) - A Boutureira. Distancia: 10,200 quilómetros.

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.
O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.

Avituallamentos líquidos nos quilómetros 10 e 16,5.

Track da andaina en formato Garmin: AndainaSC2009.V1.0.gdb

Track da andaina para ver no Google Earth: AndainaSC2009.Google.V1.0.gpx

Inscrición e dorsais
A Inscrición terá o prezo de 6 EUROS e dará dereito a un polo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Tamén será opcional unha ración de polbo, pan e viño con ticket de reserva de 6 EUROS, antes do día 16 de Setembro, e poderá realizarse dos seguintes xeitos:

A). - Directamente nas tendas de deportes: Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport (988 373 700), Intersport Bouso (988 226 592, Curros Enríquez,5), Zagora Aventura (988 269 408 / 988 235 147), Arana Sport (988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019).

Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, ou con este boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal e o ticket do polbo.

B). - Directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), do seguinte xeito:

1º -Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 18 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición , e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso.

C). - Por Fax, do seguinte xeito:
1º - Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 17 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e remitilo ó Concello xunto co resgardo do ingreso por Fax ó 988 381101
3º - Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.
4º - Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 20 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.

Nota: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal ou o tícket do polbo.
As tendas de deportes subministrarán dorsais ata o día 17 de setembro e ata un máximo de 300 participantes.
No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ata o día 18 de setembro.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 20, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.

Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Premios
Tódolos participantes que acaben un tramo da proba terán dereito ao polo conmemorativo.
Haberá premio para o CLUBE con máis participantes.
Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.

Nature by numbers by Cristóbal Vila, Etérea Studios
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 12:53
Asunto: Re: III ANDAINA SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE)

ya me extrañaba a mi en que no saliese uno de "La Coruña" a remover el asunto....

www.jeffxavi.blogspot.com
Cecebre

Mods
Mods
9/11/03
0 Carreiras
1346 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 13:18
Asunto: Re: III ANDAINA SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE)

Hola Jeffxavi, no sé a que viene tu comentario y pienso que está totalmente fuera de lugar en este foro Parar El tema es la andaina de San Cibrao.

Saludos y relájate un poco Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos