Foros ›
PORTUGAL "O" MEETING 2010
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Xan 2010, 1:24
Asunto: PORTUGAL "O" MEETING 2010

Aquí está de novo está proba internacional de orientación valedeira para o Campionato do mundo da especialidade. Vaise celebrar en Figueira de Foz e Montemor Vello en Antroido deste 2010. Máis información en www.fpo.pt. A ver se alguén se anima a pasar uns días facendo orientación na costa portuguesa. Sería bo facer un bo grupo para acudir.
Un saúdo.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Feb 2010, 22:12
Asunto: Re: PORTUGAL "O" MEETING 2010

Isto promete, case dúas mil persoas nunha proba de orientación.
Aquí estarán os mellores do mundo.
www.sportoasis.pt/oasi...g=&clubid=
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Feb 2010, 0:52
Asunto: Re: PORTUGAL "O" MEETING 2010

Hola amigos e amigas, aquí estamos de novo despois destas vacacións de orientación en Figueira de Foz no MEETING 2010.
Resumiríao todo en "orientación en estado puro". Como conclusión o que nós coñecemos como orientación parece un xogo en comparación coa forma en que esta xente vive este deporte.
Comezarei dicindo que o 80% dos participantes eran nórdicos, noruegueses, suecos, daneses, finlandeses, suizos
A porcentraxe restante era de lituanos, italianos, franceses, iralndeses, algún neozelandés, portugueses e uns pouquiños españois. É incrible como se orientan en bosques auténticos laberintos estes nórdicos, atoparse no medio do bosque e ver como pasan a toda velocidade tipos de máis de 1.90 a toda pastilla co mapa na man e brúxola en trazados rectos é en todoas direccións é asombroso, rapaces e rapazas de tódalas idades loiros de pel moi branca que se moven no bosque como indios do amazonas é alucinante.
Tamén resulta chamativo ver xente moi maior (había categorías de maiores de 75 anos), para os que este deporte máis que iso é a súa forma de vida, chegaron a Portugal en centos de autocarabanas e alí se quedarán esta semana en treinos que xa estaban organizados, logo á seguinte proba nalgún lugar do planeta. Da a impresión que forman unha especie de comuna. Os que coincidían conmigo no hotel sempre están en grupos de amigos, no comedor, na cafetería, cando saen de paseo, etc. Ver como exprintan corredores tan maiores tentando roubar ó crono algún segundo indica a forma en que viven este deporte. Os compatriotas que os ven nas chagadas anímannos cuns berros moi característicos.
Familias enteiras, chegadas en avión, con coches de aluguer , competían todos nai pai e fillos, cada un na súa categoría. O ambiente foi moi bó, nada se perdía no local da arena cada cousa que se atopaba perdida se colocaba enriba dalgo para que o dono a vira, as cosas quedan colcadas en calquer lugar da arena, mentras os donos corrían, logo todo estaba no seu sitio, daba impresión que estabamos vivindo nalgún lugar inexistente pola forma de comportarse a xente.
Unha pantalla xigante transmitía o paso dos corredores pola penúltima baliza e a organización digna dun evento de caracter internacional, baby sitting, habituallamentos no medio do monte, te quente con galletas ó chegar ó final, restaurante e tendas con material de orientación na arena.
O útimo día incluso un autobús para levar ós participantes dende o aparcamento ata a arena, autobús que estaba facendo o percorrido continuamente, levando corredores nas dúas direccións.
Dende logo para non perderse no futuro esta competición.
En comparación, este MEETING "O" moi superior en organización ó campionato de España.
Maña falarei do aspecto deportivo puramente, as carreiras en sí.
Ata mañá.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Feb 2010, 15:51
Asunto: Re: PORTUGAL "O" MEETING 2010

Decir que me acabas de poñer os dentes longos, é pouco!!!!! Nono

Mágoa que nesas datas me fose imposible ir, porque de bo gusto hubese baixado a terras lusas. En fin, outra vez será!!

E polo que comentas, sigo na teima de que os portugueses en cuestión de organización de eventos deportivos son uns fenómenos. Eu, anos atrás, puden comprobalo en probas como o mundial de rallyes, campeonato europeo de autocross, europeo de rallicross, nacional (español) de GT's en Vila do Conde, e mesmo nas "corridas" de Viana do Castelo, Geira Romana... Levannos considerable ventaxe en todo este tipo de organizacións!!! Disimulando Disimulando
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Feb 2010, 21:59
Asunto: Re: PORTUGAL "O" MEETING 2010

ORIENTACIÓN EN ESTADO PURO
www.pom2010.com/pt/ind...hp?page=13





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos