Foros ›
ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Feb 2010, 22:05
Asunto: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

O vindeiro 27 de febreiro vaise celebrar a II proba da Liga galega de Orientación no monte da Escusa en Poio Pontevedra.
Organiza o clube AROMON de Pontevedra, será unha boa oportunidade para coñecer este deporte aqueles runners que queren saber de que vai isto.
Ese día eu mesmo teño que estar na organización colocando os percorridos de forma que durante a competición non vou estar ocupado polo que se alguén quere probar e non se atreve a saír soio, o acompañarei encantado. De tódolos xeitos informo nas categorías abertas pódese facer o percorrido en grupo.
IMPORTANTE: hai que anotarse como máximo o martes antes da proba, pois sen estar inscrito non se pode participar.
Xa vos mandarei mís información segundo se acerca o día da proba.
VÉMONOS NO MONTE.
sesil

Novo foreiro
Novo foreiro
7/02/10
0 Carreiras
3 Mensaxes
Poio-Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 08 Feb 2010, 16:35
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

Yo me apunto , donde tengo que llamar para apuntarme????
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Feb 2010, 23:45
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

SOSIL, ya mandaré más información y te diré como haces para apuntarte, sigue atento a a este foro y te informaré. Ahora en Carnavales hacemos un parentesis que viene la COPA DEL MUNDO a Figueira de Foz Portugal (del 12 al 16) y pasada esta volveremos sobre el tema.
Un saludo.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Feb 2010, 0:55
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

O vindeiro día 27 de FEBREIRO, a Sección de Orientación (A ROELO) do clube MONTAÑEIROS DE PONTEVEDRA, organiza a 2ª proba da Liga Galega 2010. Agardamos-vos a TODOS:
Mapa: ESCUSA - nº rexistro FEDO: 129-91 (POIO-MEIS)
Escalas: 1/7.500 e 1/10.000 según percorridos
Equidistancia: 5m
Hora inicio: 09,30 H. entrega de documentación
10,30 H. saída dos primeiros corredores
Zona concentración: Área recreativa Merendeiro O Castro
Cómo chegar: Dende a Autoestrada (AP-9), tomar a saída 129 (Pontevedra Norte-Poio). Coller dirección Vilagarcía pola estrada C-531. Na 2ª rotonda tomar a 2ª saída (VG-4.8 Poio-Sanxenxo). Na primeira rotonda tomar a 1ª saída (A Escusa) e seguir esta estrada ata chegar á Casa do Castro.
Estará sinalizado dende a saída 129 da AP-9
Inscricións: Ata as 22,00H. do mércores 24 de febreiro
CLUBES:
• Obrigatorio empregar o formulario oficial da AGACO.
• Licenzas día, formato FEDO.
• Envia-las inscricions a: aroelo @ hotmail.com xunto co xustificante do ingreso correspondente na conta nº 2080 0403 55 0040114637 de Caixanova
• No concepto do ingreso poñer: Inscrición Escusa (máis o nome do club)
• Aqueles clubes que precisen factura, non esquezan enviar os seus datos fiscais xunto coas inscricións.
NON FEDERADOS INDEPENDENTES:
Enviar a aroelo @ hotmail.com:
• Nome e apelidos
• DNI
• Percorrido (Iniciación ou Oficial)
• Data de nacemento
• Teléfono de contacto
• Xustificante de ingreso da cota correspondente na conta de Caixanova:
2080 0403 55 0040114637 indicando
nome do participante.
¡ATENCIÓN! Categorías oficiais con tarxeta Sportident. Quen precise alquila-la deberá comunica-lo no momento da inscrición. Prezo: 3€ + (28€ de fianza) que se pagarán en metálico no momento de recolle-la.
As categorías de iniciación tamén contarán con sistema sportident. Para estas categorías será optativo o uso de tarxeta electrónica sportident ou pinza tradicional.
Prezos das inscricións:
• Federados : 3 €
• Iniciación Nenos, sen licenza federativa : 4 €
• Iniciación Maiores, sen licenza federativa : 5 €
• Percorrido Oficial (2,4,5,7,8) F.C., sen licenza federativa : 7 €
• Recargo por inscrición fora de prazo : 1€
Percorridos:
Para evitar a acumulación de categorías nun mesmo percorrido, e os conseguintes agrupamentos de corredores, trazou-se un percorrido máis dos habituáis resultando un total de 8.
¡OLLO Á DISTRIBUCIÓN DE CATEGORÍAS POR PERCORRIDOS!
PERCORRIDO
CATEGORÍAS
DISTANCIA
DESNIVEL
Nº CONTROIS
P 1
INIC. NENOS
H-12, D-12
2600m
80m
8
P 2
H-14, D-14, 2 F.C.
2850m
95m
9
P 3
INIC. MAIORES
3200m
155m
11
P 4
H-16, D-16, D-45,
4 F.C.
5000m
210m
12
P 5
H-21B, D-35, 5 F.C.
5800m
255m
16
P 6
H-20, D-20,D-21,
H-45
5800m
255m
16
P 7
H-35, H-21A, 7 F.C.
D-ÉLITE
7100m
260m
18
P 8
H-ÉLITE, 8 F.C.
8700m
330m
22
Horas de saída: web AGACO webagaco.iespana.es/es...ipal.html, dende o venres 26 pola tarde.
OBSERVACIÓNS, NORMAS E RECOMENDACIÓNS:
• Non se permitirá a saída de corredores sen o seu dorsal.
• É obrigatorio realizar o percorrido na orde indicada no mapa
• É obrigatorio pasar pola meta, aínda que se produza o abandono, para que lle
poida constar este feito á Organización
• Para a realización do percorrido, o competidor só pode contar coa axuda dun
compás, ademais do mapa proporcionado pola Organización
• É recomendable utilizar roupa cómoda que cubra todo o corpo. Non hai que
esquecerse de levar outra muda
• É recomendable o uso de polainas
• A competición baséase no respecto:
-Á natureza
- Aos cultivos e propiedades privadas
- Aos outros competidores
- Ás indicacións do persoal da organización da proba
- É moi importante ofrecer axuda a calquera
participante que se atope en problemas ou
mancado.
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2010, 21:45
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

Buenas:
yo me apunto mñn y me acompañarán un buen grupo de compañeros para iniciarnos. Haré con ellos la de iniciación, que el domingo es la interruning.
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 24 Feb 2010, 19:18
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

parece que viene una tormenta tropical para el sábado...
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Feb 2010, 16:44
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

Aplazada a carreira da Escusa para o sábado 6 de Marzo, debido ás mala condicións meteorolóxicas que se preveen.

webagaco.iespana.es/do...ension.pdf
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 27 Feb 2010, 0:12
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

EFECTIVAMENTE A CARREIRA DO SÁBADO 27 QUEDA ADIADA PARA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 6. Agora quda por ver como se fará para que a xente confirme a inscripción á vista de que houbo este cambio de datas, do que sexa xa vos manterei informados. Tamén, creo, que aqueles que se desen apuntar de cara ó día 6 poderán facelo.
Un saúdo.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Mar 2010, 23:36
Asunto: Re: ORIENTACIÓN NO MONTE DA ESCUSA - PONTEVEDRA

Hola a todos:
para tódolos que teñan pensado vir a correr a Pontevedra, traede polainas, hai toxo.
Iniciación, correrá por unha zona de toxo baixo con moi boa visibilidade, seguramente estes circuitos poderán facerse por pistas, pero en canto haxa que abandonar as pistas hai toxo.
Sin máis comentarios, traede polainas e para correr nocelos ben protexidos.
Un saúdo a todos e vémonos mañán na Escusa, esperemos ter bo tempo, as vistas son espectaculares.
Ata mañá.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos