Foros ›
Carreiras de montaña no Circuíto
Foros de debate / O Circuito 2009-10
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

¿Queres que as carreiras de montaña puntúen no Circuíto?
Si, quero que puntúen
70%
70% ( 45 )
Non, prefiro que non puntúen
7%
7% ( 5 )
Non, pero facemos un circuíto de montaña
21%
21% ( 14 )

Votos Totais : 64

Autor
Mensaxe
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 16:47
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Do mesmo xeito que non me parecía xusto excluir as probas de montaña, tampouco me parece xusto darlles coeficientes moi elevados. Non discuto que Penedos poida merecer coeficiente 8 (nunca participei, non podo opinar), pero se levara coeficiente 8 o último clasificado faría 400 puntos, mentras que o primeiro clasificado por exemplo na media de Betanzos a penas faría 375. Paréceme desproporcionado.dixit alber.
alber discrepo enormemente contigo, por exemplo o primeiro na media da coruña fai 1h 7m ou por ahi poida que incluso menos, o ultimo en penedos fai 7h ou mais, pareceche comparable? home non me digas barbaridades. Abraiado
eu por poñer un exemplo en truchillas na subida iba a 145ppm, que e a media de pulsacions que fago nun 10.000. e iba ''andando'' pasito a pasito
entre 10' e 12' minutos km, cando con esas pulsacions vou a 3' 40'' en asfalto, pareceche que non merece un ''premio''. Guiño
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 16:51
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Por certo, aínda que irei a Tebaida, Alto Sil, Truchillas, Castrocontrigo, Sanabria,Nogarejas....etc....todas carreiras do veciño Bierzo e arredores....coido que non deberían puntuar coma carreiras convidadas.

Alber, unha cousa, pra que vexas que non teño teima ningunha, a Boborás, por exemplo, carreira de monte de menos de 8km non lle poría 1.5 senón 1.25 (menos do que lle tocaría ca táboa que ben propuxo kande) porque non me semella unha carreira excesivamente dura. Pola contra pra Parada si que solicito un coeficiente especial



Nin te imaxinas o "inferno" que se agocha na Ribeira Sacra
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 16:57
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

runrunpabli escribió:
eu por poñer un exemplo en truchillas na subida iba a 145ppm, que e a media de pulsacions que fago nun 10.000. e iba ''andando'' pasito a pasito
entre 10' e 12' minutos km, cando con esas pulsacions vou a 3' 40'' en asfalto, pareceche que non merece un ''premio''. Guiño

..sen ter en conta amigo as veces que caemos e coma nos xogamos a vida nas baixadas técnicas.

En Penedos no derradeiro quilómetro de baixada técnica vese o barranco a 30cm do carreiro (por chamarlle algo).

Certo no do 8 Pablo, por iso a táboa de kande me semella acertada
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 17:36
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

xabi escribió:
O que sí que é increible é que digas sen nengún tipo de rubor que os corredores de asfalto están discriminados!!! Avergonzado arredemo !!! Enfadado perdóa pero agora si que non entendo nada Muro

Si se poñen coeficientes moi altos ás carreiras de montaña, os participantes que aspiren a gañar ou circuito teñen que ir forzosamente a esas carreiras de montaña, se queren ter aspiracións, a iso me refiro.

Lembra que aquí votouse maioritariamente incluir as carreiras de monte no circuito (porque a outra opción era NON incluilas, ou sexa, coeficiente 0), pero co que non sei se os que votaron a favor están de acordo ou non é con darlle coeficientes tan altos. Xa sei, vas a dicir o a dureza, etc... etc... pero tamén é relativo... se fas unha maratón en asfalto en 3 horas está claro que é tremendamente duro pretender facer a mesma distancia por monte en 3 horas, ou mesmo en 3h30m, pero o que ao mellor non é tan duro é facelo en 5. A dureza das carreiras fácemola nós soiños, co ritmo que nos impoñemos.

Los Perros del Anuncio - 2014/15
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 17:37
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

edito por error

Los Perros del Anuncio - 2014/15

Última edición por alber o Ven, 13 Ago 2010, 17:40; editado 1 vez
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 17:37
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

runrunpabli escribió:
... en truchillas na subida iba a 145ppm, que e a media de pulsacions que fago nun 10.000. e iba ''andando'' pasito a pasito
entre 10' e 12' minutos km, cando con esas pulsacions vou a 3' 40'' en asfalto, pareceche que non merece un ''premio''. Guiño


Se ibas ás mesmas pulsacións quere dicir que facías un esforzo similar (que non igual), entón merece un premio similar.

runrunpabli escribió:
...
alber discrepo enormemente contigo, por exemplo o primeiro na media da coruña fai 1h 7m ou por ahi poida que incluso menos, o ultimo en penedos fai 7h ou mais, pareceche comparable? home non me digas barbaridades.

Non me parece comparable para nada. Pero se hai que dar puntos, as cantidades outorgadas si que son comparables, e 400 > 375, e non me parece xusto. Na miña modesta opinión, a lóxica dime, que o gañador en Betanzos debe puntuar máis que o último en Penedos. Pero é unha opinión, nada máis.

Se me das a escoller, eu prefiriría facer 1h7m en Betanzos (jeje, que risa) que facer 7h en Penedos Guiño , e tamén penso que tería que entrenar máis para o primeiro que para o segundo... Mr. Green Mr. Green Mr. Green

Los Perros del Anuncio - 2014/15
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 18:17
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Bueno, hai outra opción mixta que é a de Runrunpabli...polo que semella unha carreira de montaña ven esixindo un 20% mais de esforzo que unha de asfalto como os coeficientes das carreiras de asfalto son progresivos (e mais que o serán) pois sería engadirlle a cada coeficiente esa porcentaxe (ou outra que acordemos) incluso podemos facelo de xeito incremental; escomenzando por un 15% para as distancias curtas, 20% ata media maraton e 30% a partir da media maraton.

Exemplo Maraton: coef normal 5 + 30%=6.5 que sería o coeficiente que lle correspondería aplicando o criterio desta temporada se non me trabuco.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 18:27
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Kandpalleiro escribió:
...pois sería engadirlle a cada coeficiente esa porcentaxe (ou outra que acordemos...)

Pois tamén me parece unha boa medida.

Ainda que non fose incremental, e se aplicase sempre o máximo que propós, un 30% a todo, tamén me parece ben....

E ainda que fose algo máis do 30%, tamén sería razoable...

pero irnos a unha porcentaxe moito máis alta xa me parece moito (un 8 para Penedos sería un 60% máis... e non sei se é moito, so digo que me "parece" moito).

Los Perros del Anuncio - 2014/15
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 18:37
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Non hai que precipitarse...ainda que esta votación e este fío se pechen mañan podemos continuar o debate ata o 18 nun fío novo (que abrirei eu) si non acadamos un consenso na definición e no baremo pois haberá que votar pero coido que hai marxe.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 20:48
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

A verdade é que xa nin me apetece debatir mais....Eu seguirei participando nas carreiras de montaña puntuén 7 ou 8.....amo o atletismo e demostroio cada intre da miña vida....Si, é certo, gañei un circuíto, pero esa victoria non vale nen unha centésima parte da amizade das xentes da montaña.
Tomedes a decisión que tomedes contade co meu apoio pra o que estimedes necesario.

Nenvargantes , menos dun 7 pra Penedos e dun 5 pra Parada do Sil non o entendería.......alá vos.


Apertas amigos
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 23:02
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto



Alber, "this is Penedos".....supongo que ahora te encojeras de hombros....o no???
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 14 Ago 2010, 4:31
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

xabi escribió:

Alber, "this is Penedos".....supongo que ahora te encojeras de hombros....o no???

Que sii, xabi,.. que me fago unha idea... teño unha foto dunha subidiña no Xalo que me fixo Admin que era similar... e volvemos ó mesmo, comparar eso con unha carreira por asfalto é como comparar un ovo a unha castaña....

Ahora marcho, que me espera o camiño Santiago-Fisterra-Santiago... Satisfecho

Los Perros del Anuncio - 2014/15





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos