Sáb, 21 Xul 2012, 5:58
Asunto: Re: Entrenar "trail" en Santiago
en Santiago mismo non é, pero a sete km está A Ameixenda (carretera de Carballo) onde podes aparcar e acceder a combinacións de tramos chans e outros con costas xeitosas e sempre por monte (sen ter que usar carreteras).
Eu esta tirada
gl.wikiloc.com/wikiloc...id=2562096 fíxena aparcando en Portomouro, pero podes empezar na Ameixenda, na Plaia de Tapia ou onde che resulte máis cómodo. Como se ve no perfil, desde Tapia ate a Ameixenda hai un bo desnivel e moito monte con pistas para facer un circuito a medida.
Para entrenar "trail", con variedade de costas (en lonxitude e pendente con terreo variable) o mellor é a zona entre ameixenda, campo de golf (belén) e piñeiro.
Esta imaxe é da zona do "monte grande de piñeiro", arredor do campo de golf
edito: deixo so a ligazón a imaxe, pois non sei como poñela en pequeno
ubuntuone.com/2inWCaaV...TXasgWiVkz
e un par delas máis
ubuntuone.com/6zhUThDW...wyYUxOJe2G
ubuntuone.com/3cAa6UjK...q2rAiqqOpc
-- Chámame "ghose"