Xov, 03 Xan 2013, 10:47
Asunto: Re: Carreira Popular do Nadal de Riveira (5/01/13)
Bueno, como xa comentou Pájaro, principal organizador desta carreira, as dúbidas que había sobre o tema, o único é indicar que ese "playa" ó que se refire, realmente non é area, senon unha zona de herba duns 15/20 metros de ancho pola que, particularmente, me encanta correr!
Falando con él tamén me indicou que a filosofía desta carreira é a de ser unha proba para o disfrute dos pequenos, pero como en anos anteriores se lle había solicitado que organizase tamén algo para os adultos foi polo que este ano hai probas para todo tipo de edades. Por tanto, unha proba para disfrutar sin máis miramentos que o de pasar un rato agradable correndo nun lugar moi atractivo, nun recorrido que combina zona de asfalto e zona de herba.