pedralonga escribió: |
O mellor do circuito: a súa existencia. Que dure moito, que teña mil primaveras. O seu mantemento supón un gran traballo. O primeiro que temos que facer é agradecelo. Ademais, durante estes anos, fixéronse unha serie de modificacións e melloras, moitas das cales xurdiron dos propios responsábeis. Iso significa que, ademais de levar o peso do circuito, non hai unha actitude rutineira, o cal é aínda máis de agradecer. Incorporáronse máis carreiras ao Circuito, con todo o que conleva no aumento da participación. O Circuito supón un chamamento á participación. Gustaríame que kandpalleiro nos deleitase cunha das súas moi interesantes estatísticas do que significou para algunhas carreiras pasar de non estar no circuito a estalo. Eu coñezo o caso de Dorneda. Falando de memoria pasou de 40 a 140 participantes. O circuito promove as nosas ansias de superación e de competitividade (algunhas veces excesivamente: que sentido teñen as trampas?). Pero tamén a solidariedade: consellos, axudas,... Quero mencionar o papel dos fotógrafos. Moitos corredores levan a amigos, familia,... a facer de fotógrafos para prestar un servicio cara os demais. Mesmo cando estamos lesionados, algúns fan de fotógrafos. Grazas. En resumo, somos uns privilexiados por contar co Circuito. Espero que podamos seguir disfrutando del. Grazas a todos os que o fan posíbel. |