secaiv escribió: |
Con respecto ó tema das carreiras de ruta e de montaña, dicir, que un dos argumentos que daban os corredores das carreiras de ruta, era a diferencia na obtención de puntos nas dúas categorías. Nas carreiras de montaña a distancia que máis abunda ronda ós 20km, cando nas carreiras de ruta a distancia maioritaria é os 10km. E despois, o coeficiente é maior nas carreiras de montaña cas de ruta. No tema da distancia, pois non é lóxico debatir, cada ún corre a distancia que máis lle gusta. Pero se queremos unifica-las categorías nunha mesma liga, deberíamos unificar tamén os coeficientes. Se non pois haberán desigualdade entre corredores, só polo feito de que lle guste máis un tipo de carreiras ca outro. Se unificamo-las categorías, tamén deberiamos equipara-los sistemas de puntuación para que todos puntuemos en igualdade de condicións. |