xesteiras escribió: |
Os membros do CdM Xesteiras que organizamos tanto as rutas de BTT, Lacón e Xesteiras e o trail Vila de Cuntis, non acostumamos a deixar unha soa cinta de marcaxe no monte, é máis, imos recollendo restos de plásticos e demais que atopamos no recorrido sexan ou non pertencentes á organización ou aos participantes nas distintas probas. Con respecto ás cintas do pasado trail, non as puidemos sacar todas ata o de agora, xa que este fin de semana pasado tivemos un raid e como comprenderás non houbo tempo material para sacalas, se ben os compañeiros que fixeron de escobas, xa sacaron moitas. Eu persoalmente vou ir retirar todas as que quedan entre hoxe e mañá. Arrivederci, pídoche disculpas se te sentiches ofendido por esta "visión" do monte, pero a verdade, é que esta semana pasada co traballo de preparación do raid non daba para máis. Por outro lado e sen ánimo de entrar en polémica contigo, que por certo, non te coñezo, quero contestarche as cuestións que plantexas neste foro: 1º O CdM Xesteiras é un club máis dentro do panorama galego; nos non somos nin nos consideramos especiais, simplemente un máis. 2º O CdM Xesteiras levamos 3 anos organizando actividades: BTT, sendeirismo e agora un trail; ata o de agora penso que con bastantes bos resultados pero por iso non creo que teñamos ningún "palmarés" coma ti dis. 3º No noso club non hai "estrellas". Temos moi boas persoas e algúns deles, ademais, son bos corredores, nada máis. 4º Creo que temos moitos amigos e coñecidos, os cales fomos conseguindo ao longo de moitos anos de relacións nas carreiras, tamén algún menos amigo, pero non por iso estes "amigos" teñen que darnos o traballo por ben feito se non o está; eles son os primeiros en dicirnos que detalles lle parecen ben ou mal. Nada máis. Esta semana quedará o monte limpo de plástico. Se non che importa o toxo, as silvas, o fento, as pedras e os paus que sacamos non o vamos a repoñer ao seu lugar de orixen. Un saúdo. Tono CdM Xesteiras |