Mar, 24 Xul 2007, 17:11
Asunto:
[quote="Marola"]
Achwll, muchÃsimas gracias, instrucciones más claras imposible y crónica breve pero perfectamente descriptiva. Y además un gustazo saber algo de ti.
Ola Marola. A verdade é que o meu traballo non me deixa tempo pra ter vida familiar, pra correr, pra ler, pra toca-la guitarra, pra viaxar e ademáis seguir e escrebir nun foro tan vivo coma este. Algo teño que sacrificar e por iso apenas participo. Pero neste caso, o da miña carreira en Londres non ten moita historia. Fun coa idea de facer menos de 3:10:00 e rematei facendo nada menos que 3:22:29. A maratón pon a cada un no seu lugar. A min doume unha ducha de realidade.
Quedei encantado coa organización como xa dixera, aÃnda que o transporte á saÃda foi masiva. Pero supoño que levar a máis de 30.000 persoas éche ben difÃcil de coordinar. De tódolos xeitos toda a xente era moi amable.
A mañán levantou fresquiña pero despexada, a uns 15ºC, e sen vento. A miña carreira empezou moi lenta ata o Km 5 máis ou menos, porque non daba encontrado sitio pra ir máis rápido. Logo xa todo aclarou e collÃn un ritmiño cómodo de 4:25/Km. A carreira empeza en Greenwich, ó sur do rÃo e que está a uns 50 m de altitude (a zona máis alta de Londres), e no Km 4 baixa ata o nivel do Támesis (uns 5 m). Logo corre case paralela ó rÃo cara o oeste. AÃnda que non hai costas longas nin duras, si que esta zona éche un pouco ondulada (nada que ver con Madrid, dende logo). A xente anima de verdade e hai centos, miles nas beirarúas. Oes iso de "run, Forrest, run" por todo o percorrido. As rúas moi bonitas coas tÃpicas vivendas inglesas baixas. Pouco a pouco o dÃa foi levantando e o sol comezou a quentar do lindo, polo que eu bebÃn máis da conta, pero a verdade é que me entraba todo. Alá polo Km 18 o meu ritmo xa non era tan bo coma o de antes.
Sen darme case nin conta cheguei alá polo Km 20 ó Tower Bridge, xa sabedes, a famosa Ponte da Torre de Londres, pola que cruzas cara o outro lado do rÃo e mándanche ó leste ata Millwall e Poplar, que é a zona manos atractiva. Pasei a media en 1:34:15 polo que xa vin que iba a ter imposible baixar de 3:10.
A partir dese momento, todo empezou a irme mal. As pernas respondÃan e o peito tamén, pero por veces vÃñanme dores de estómago que me facÃan imposible mante-lo ritmo. Tanta auga pasábame factura. Non me quedou otra que baixa-la velocidade. A zona leste, ademáis non axudaba moito, polo pouco atractiva (ou quizáis eu a recordo asà polas dores que tiña). Case cheguei a pensar en retirarme, pero decidÃn que eu non me retiro, corro máis despacio e listo. Acabei por asumir que nesta ocasión terÃa que contentarme con entrar en meta e olvidar tempos e ritmos.
No km 30 máis o menos, a carreira, tras un laberinto de voltas cara o norte, xira por fin de novo ó oeste pra desandar o andado ata a Tower Bridge. Pode que ver que xa quedaba menos e que Ãamos por fin na dirección da meta dérame forzas, pero o caso é que xa non pensei máis na retirada e acelerei. De tódolos xeitos, os 9 Km de baixón xa non poderÃa recuperalos. Dende o Km 32 xa nin mirei pró reloxo e simplemente intentei disfrutar do rÃo, do bonito da cidade e da xente.
Os últimos Km fanse seguindo unha estrada perta do rÃo polo Westminster Enbankment, e comezas a ollar ó lonxe The Houses of Parliament e o Big Ben. Perto do Km 39, encontreime cun amigo de AlmerÃa que tiña pensado baixar de 2:40:00, e que Ãa andando. Rompeu polo Km 35 e aÃnda que intentei que viñera comigo non podÃa nin trotar. O calor xa empezaba a ser sofocante e habÃa moita xente tirada no chan sendo atendida polos paramédicos (supoño que sabedes que a un rapaz de vintetantos tiveron que levalo ó hospital tras chegar a mete e que morreu ó dÃa seguinte).
Ã? fin, a altura do London Eye (a noria xigante que teñen ó lado do rÃo) chegamos ó Wetsminster Bridge e xiramos ó norte pra corre-los derradeiros centos de metros cara ó Buckingham Palace e The Mall (a avenida grande que está na fronte do pazo), onde está a meta e onde os gritos eran abrumadores.
Cando parei, non podÃa nin dar un paso. O chip levábamolo atado ós cordóns da zapatilla cunhas tiras adhesivas (Tyvek bands chamábanlles e era obrigatorio, se non cortábanche os cordóns) que logo unhas señoras arrincábanos cunhas tixeiras, e de verdade que eu agradecinllo, porque estaba desfeito e non podÃa nin me dobrar. Medalla. Bolsa cunha camiseta técnica negra. Foto oficial. Recoller a miña roupa dos camións. E camiñar (sofrir) uns 800 m máis ata a zona na que habÃa quedado coa miña familia en Trafalgar Square.
Quedoume un regusto moi bo da carreira, e unha espiña cravada que me quero sacar o ano que ven, se teño a sorte de que me toque a loterÃa.
Toma ladrillo Marola. Para que luego digas "crónica breve"
. Y además en gallego-andalusà almeriense. Bueno, hablando en serio, me encantó la carrera, pero también la ciudad y el turismo previo que hicimos. Supongo que todo influye. Yo también tengo ganas de hacer ParÃs, pero Londres he de repetirlo, si no en el 2008, cuando me toque.
Saludos.