Ven, 05 Set 2014, 20:21
Asunto: Re: 6 series de 1000
Pero Pedralonga o de menos é a crónica...Acó o que conta e o desbarre, a calidade literaria deixámoslla a Hadroq, aínda que polo que me contou algunha vez non lle vai moito o realismo máxico.
.
Ademáis se nos apuramos un pouco, de quedarmos con algo sería como cada un aprecia de xeito distinto unha (aparentemente alomenos) mesma realidade. Xa sabes iso de que "todo depende da cor do cristal co que esteas a mirar"
Pero, coma a min o que me vai é largar, pois veña, por turrar e entrar ó trapo. Ti xa sabes que Hadroq leva acó case máis tempo ca nós polo que como mínimo é un converso. E tamén sabes que non hai xente máis talibán que os conversos que teñen que estar sempre a amosar a súa fe e devoción polas novas crenzas...así que se alguén é responsable da nosa ignorancia non é outro que o cativo hondureño.
Segundo o contas, poderíamos ter feito 7 no canto de 6...pero amighiño, 7 é un número cabalístico. E agora dime ti, cábalas, conversos e realismo máxico, bufff, montabamos unha de coidado...quita, quita, mellor así.
O Burgo, O Paseo o Mero, A Torre, San Diego, Oza...é que os que somos ricos teños varios "gyms" para adestrar.
Xa por último, Hadroq ten moitos aniños por diante para deixarme lambendo o seu lombo...pero Secaiv....hmmm...Secaiv xoga noutras ligas ó alcance de moi pouquiños