Mar, 11 Set 2007, 23:02
Asunto:
Amigo Afiador:
Varias cousas:
1º.- Non hai contradición ninguha entre o que opinamos
2º.- Admírote como corredor e como persoa despois de ter compartido contigo uns minutos de charla en Zamora en febreiro deste ano.
De feito nas carreiras non comparto espazos porque sempre vás moi por diante de mín
3.- Non sei se o teu comentario """.....por iso penso que non veñen a conto esas "queixas", cada un temos a nosa propia película da carreira, os derradeiros días de traballo ou os entrenos de cara a mesma pero se non sale a prova como tiñamos previsto non vale achacarllo o circuito......"" vai pola miña mensaxe. Eu reitero que a miña valoración da prova é excelente: tanto da carreira en sí, coma do meu debut nesta prova.
4º.- E para disipar calquera dúbida, reproduzo a mensaxe que onte lle enviei ao organizador - Santi Redonet-:
"
Santi:
Quérote felicitar polo enorme traballo e cariño que lle puxestes nesta prova tan singular como é un maratón de montaña:
1º.- Percorrido duro - as veces extremo - que debe marcar e singularizar este tipo de carreiras de montaña.
2º.- Excelente sinalización: só con ollar á frente xa se adiviñaban os paus vermellos
3º.- Excelente avituallamento: En lugares estratéxicos, para poder descansar ou cambiar o ritmo. Os voluntarios que traballaban ata se brindaban a encher os bidóns, e aportaban información, cariño e ánimos.
4º.- Excelente política de comunicacíon: a través da páxina web, e mediante a tua intervención a tarde anterior, advertindo dos perigos (terreo irregular, calor, necesidade de dosificar,..)
5º.- Só un pequeno lunar (a sinalización dos quilómetros entre o 32 e 38 (todos nos formamos un pequeno lío). Lunar que non empaña para nada unha carreira moi ben organizada e onde é dificilísimo valorar o moito e bó traballo que ben seguro levades desenvolvendo dende hai moitos moitos meses.
6º.- Prezo moi, moi adecuado: tendo en conta tódolos servizos, bolsa e ata almorzo do domingo.
Grazas; porque como ourensán é un orgullo ter unha carreira así na nosa terra. Ademáis con andaríns, e con cans.
Unha aperta a todos e singularmente a Afiador; e foi pena non haber descuberto antes este tipo de provas tan tan singulares.