Mér, 24 Out 2007, 18:04
Asunto:
bueno, pois con un pouquiño de retraso, pero aquí estou para relatar a miña experiencia...
non vou volver a describir o percorrido porque xa o fixeron algúns compañeiros que me precederon (e moi ben, por certo), pero dicir que me encantou o
entorno, que particularmente non coñecía (pese a ser ourensan...
)
impresionante a subida dende a zona de
Rabacallos, por uns fermosísimos sendeiros entre soutos e reboleiras... e tamén as vistas dende a zona máis elevada do percorrido... con toda a zona da
Serra de Queixa (Manzaneda), os
canóns a vista case de paxaro, o val de
Lemos...
dicir que a
organización se merece un 10... e máis por tratarse da primeira edición... por todo: información, avituallamentos, sinalización, comida post-carreira, pero sobre todo polo
trato ao corredor, con unha atención especial que iá tempo que non vía... Notábase que puxeron moito cariño e moita dedicación no tema... e iso é de agradecer
no tema meramente competitivo, dicir que o pasei demasiado mal...
saín moi tranquilo na primeira zona de baixada, tratando de entrar en calor sen castigar moito as pernas... chegando ao río aproveitei para presentarme a
curro, ao que recoñecín pola camiseta da
Transalpine, como non?...
comezando a subir xa me din conta de que non podía seguilo, pois pese a ir bastante ben de folgos, empezaba a notar molestias a nivel "intestinal"... sempre me pasa o mesmo e en canto noto algo de frío, alí que me afecta... efectivamente, un treito máis adiante me tiven que tirar tras un castiñeiro para "evacuar" de forma urxente...
a partir de ahí, comodidade e ritmo tranquilo no resto da subida, que conseguín facer bastante rápido, pero sen forzar...
o malo veu nos 10 kms de baixada restantes... empecei a notar
calambres por todos lados, mesmo me fixeron tirar ao chan un par de veces... foi un suplicio ver como me adiantaban corredores un tras outro e eu case non podía nin andar...
ó final,
2h51' e posto
31... non está mal, pero penso que estaba para facelo algo mellor, sobre todo esa baixada final...
o caso é que sain moi tranquilo, coa idea de forzar pouco ou nada, pois
Atenas está preto e esta carreira ma quería tomar máis coma unha
rodaxe que outra cousa, para facer kms. sinxelamente...
pero non pensei que o fora a pasar tan mal, de feito aínda é hoxe o día que estou tocado e que non podo adestrar con normalidade... me da rabia porque me encanta a
montaña, pero chegado o momento sufro demasiado... sei que é porque non a entreno, pero admiro a aqueles que se atopan máis cómodos no sendeiro que no asfalto... eu non, desde logo... pero seguirémolo intentando.
un saúdo afectuoso tanto para
curro2000 como para
faraon, ao que tiven acasión de coñecer na liña de meta... noraboa, monstros, por eses tempos e por eses postos... por esa carreira, en definitiva... unha mágoa non poder coincidir nos pinchos de despois... outra vez será.
saúdos.
sexo, zume de melocoton & rock'n roll