Foros ›
San Silvestre na Costa da Morte
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Dec 2015, 11:22
Asunto: San Silvestre na Costa da Morte

Un ano máis, e xa van 8, faremos a tradicional San Silvestre de Baio. É unha milla (uns 1600 m) case totalmente llana que transcurre ao longo do paseo fluvial de Baio.
Hai só tres premios: o do vencedor absoluto, o do vencedor na categoría de menores de 14 anos (que só fan uns 400 m) e o do mellor disfraz, pois esta carreira ten un carácter tamén festivo e polo tanto hai a posibilidade de correr disfrazado.
A carreira é ás 5 da tarde e para participar só hai que estar uns 10 minutos antes das 5 no lugar de saída para recoller o dorsal. A inscrición é gratuita.
O lugar de saída é no inicio do paseo fluvial (para os que coñezades algo de Baio, é cerca das dúas cervecerías).
É unha carreira mooooooi humilde (vamos, que nada de chips nin de grandes montaxes nin outras cousas que hai nas carreiras habituais), con só uns 50 participantes en edicións anteriores, no que o único obxectivo é pasalo ben e onde hai basicamente tres tipos de corredores: os que van a pola victoria, os que imos só ca idea de facer un bo tempo e os que van en plan festeiro (con disfraz ou sen el).
Un dos alicientes da proba tamén é batir o record da mesma, que o ten Martín Regueira Rellán (5 minutos, 2 segundos desde o ano 2012 se non recordo mal).
cerqeda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/06/13
1 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Dec 2015, 17:04
Asunto: Re: San Silvestre na Costa da Morte

Gran carreira e meritoria organización.
Que o pasedes tan ben como os anos anteriores. Lástima que non poida acudir este ano.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos