Lun, 05 Set 2016, 10:31
Asunto: Re: Diario de eumealto
Mércores 31
8.86 kms a 5'31'' (Circuito de asfalto habitual das tiradas longas)
Quería intentar xa un asalto ós 10K pero equivoqueime na elección da hora de saída. Pensaba que ás oito da tarde xa non me afectaría a calor, pero logo de 4 días entrenando pasadas as 10 da noite, correr con sol fixome pupita. Como decía, tiña previsto facer 10kms pero cando levaba 3 pensaba deixalo en 6, e ó final puden estirar ate case os 9, pero acabando moi mal, e incluso andando nun pequeno repeito de 100m a falta de 1 km que normalmente subo sen problemas. E para acabala de rematar, volvo a notar pequenas molestias no xemelgo dereito.
Venres 2
7,17 kms a 5'36'' (Rodaxe por Lugo, saída e chegada á praza de Augas Férreas con baixada ó Campus e logo unhas voltas por San Fiz)
Logo dun día axetreado tocoume quedar a durmir en Lugo, e pese a ser as 23:30 quixen facer un rodaxe xa meténdolle algunha subida suave. O ritmo non me saiu moi alto como me soe pasar cando entreno por un sitio novo, ademáis claro está da calor que ainda facía en Lugo a esas horas, pero din aguantado ben as subidas e sen molestias de nengún tipo.
Domingo 4
10,03 kms a 5'22'' (Circuito de asfalto habitual das tiradas longas)
Por fin despóis de case 2 meses fun quen de acabar un entrenamento de 10km. Esta vez fun ó seguro e saín ás dez da noite, ademáis ocurreuseme a xenial idea de levar un botellín de auga para botar pola cabeza e o lombo abaixo para refrescarme, ademáis da mochila de hidratación coa que corro sempre. Moi contento polo ritmo que puden manter sen chegar a ir reventado coma outras veces e por suposto por acabar con 0 molestias.