Mar, 15 Nov 2016, 19:11
Asunto: Re: Diario de eumealto
Domingo 13
5 kms en 22'40'' a 4'32'' (Carreira contra o Cancro Ferrol)
3ª Participación consecutiva nesta carreira, pois hai que ser sensible e solidario coa causa. Espectacular ambente con máis de 2000 corredores en liña de saída que para un 5K non está nada mal. Viña un pouco coa mosca trais da orella despóis das negativas sensacións do último entreno, malas sensacións que quedaron confirmadas tras un pequeno trote de quecemento e comprobar cómo rompía a sudar ás primeiras de cambio. Ó ir situarme na saída atópome cun ex-compi de traballo co que estiven preto de 8 anos codo con codo, e con el me quedei. Demasiado alonxado dos primeiros postos. Dase a saída e tardo medio minuto exacto en pasar por debaixo do arco, imposible correr ó meu ritmo, moitísima xente que esquivar. Despóis de pasar o km 1 en canto remata a costa de Mella, vexome literalmente encaixonado entre un amplo grupo de corredores, non hai maneira de adiandar nen desplazarse a un lado ou a outro. Teño que seguir así ate que xiramos para entrar na Rúa Real, ahí despexase un pouco o panorama, e encaro a costa cara praza de España xa máis liberado, incremento o ritmo na subida pero chego á praza un tanto sofocado de máis. Confío en recuperarme na baixada pero pásame o que me soe pasar cando non vou ben: Que non recupero nas baixadas, e así foi, volvemos a entrar na rúa Real de volta, e ahí comeza un tramo que odio nas carreiras polo centro de Ferrol: Ese par de repeitos por chan adoquinado que hai cara a praza de Amboaxe, ahí acabo fundido total e na baixada cara o porto sigo sen recuperar nada, o último km desa longa recta cara a meta faiseme un inferno, e boto contas se darei acabado sen pararme a andar. Finalmenete entro en meta coa sensación de non dar corrido nen un metro máis.
Posto 236 de 2065 que entraron en meta, pero iso non quere decir moito porque creo que tamén contaron os da andaina. Inda así quédome co dato que según a cronometraxe da federación, tomei a saída no posto 606, o cal significa facer uns 370 adiantamentos en carreira, e por tempo neto avanzaría 19 posicións. O ano pasado neste mesmo circuito pero con máis sol e calor fixera 22:16, sufrindo parecido así que inda faltan kms de rodaxes para recuperar a forma.
Últimos 500m aprox da carreira con careto de ir un tanto "exigido"