Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 15:51
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas Gefreiter e Sanmikel!!! O traballo está feito. Agora descansar estes días, últimas saídas suaves e logo a disfrutar ese domingo. Aínda non decidín como plantexar a carreira, pero despois da última tirada longa de 30km (o sábado) e deste 2x6000, si que teño pensado ir a polo sub3h. Pois non sei cando volverei a poder preparar unha maratón coma esta.

Cando se acerque a data e se saiba o tempo que fará, decidirei. Pero ao domingo teño que chegar coas cousas moi claras. Non podo deixarme levar polo momento. O que si, no km 30 si que valorarei como me atopo e tomarei decisións, pero de entrada teño que levar un plan principal.

Como ti dis sanmikel, a mellor opción pode que sexa esa (sobre todo polo vento). Unirme ao globo de 3h e na 3ª volta valorar como estou. Foime moi ben no 2015 cando rematei con Mateotn. Pero non me gusta depender do globo e prefiro ter un plan eu. En Porto foi o que fixen e tamén foi moi moi ben. Entón valorarei os días antes cando se saiba o tempo que vai haber.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 06 Abr 2018, 5:55
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitos ánimos a ti tamén. Seguro que este domingo volves a superarte, un paseo pola alfombra vermella que te leve pola porta grande ata Coruña
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 06 Abr 2018, 14:52
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Por ahora no sé quien me dijo que no estaba confirmado la liebre de 3 horas. La organización buscaba liebres pero no sé si consiguió la de 3 horas. El que fuera de liebre tenía que acreditar al parecer un tiempo de al menos 10 min menos.
Yo pensaba en no usarla e ir por mi cuenta pero no sé muy bien que hacer. No me fio mucho de los acelerones de la liebre si por cualquier causa tiene que recuperar tiempo.
Ahora ya dudo un poco de qué hacer. Ya veremos. Como te dije muy bien el test. Si vas a la Vig Bay moderate que es una buena oportunidad para el sub3.
Probablemente hay otro de mi equipo que también va a intentar el sub3. Además de Pepe. Ahí andaremos todos. Ya no queda nada. Vaaaamos!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 07 Abr 2018, 15:05
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Meigalicix! Vémonos mañá! Guiño

Sobre o que comentas Maseda, pois eu pensaba que o da liebre ía ser algo sólido. Quero dicir, preparado con tempo e que fose un seguro. Pero se só piden que teña unha marca de 10' menos e a estas alturas non está decidida... Non pinta ben estar así 7 días antes (aínda que finalmente si confirmen unha). Isto é case a puntilla definitiva para decidirse por non ir coa liebre (se é que chega haber). Así que se formamos un grupiño de 4-5 persoas como ti dis buscando ese sub3h e ir a 4:15/km ou un pelín por debaixo ata o km 25-30 podía estar moi ben. É cuestión de falalo e ver que ten pensado facer cada un. En calquera caso, grazas pola información Maseda! Sorriso Por certo, mañá si irei á VigBay, pero como digo ao final da mensaxe, será unha rodaxe moi suave.

Semana 13: xoves (Descanso)
Descanso necesario.

Semana 13: venres (Pequena saída moi suave)
Pequena saída moi suave pola beira do río Lagares 5,13 km en 25:55 (a 5:03/km). Na parte final fixen 4 progresivos de 100 metros pero sen forzar nin o máis mínimo.

Semana 13: sábado (Pequena saída)
Unha nova pequena saída. Aproveitando que tiña que ir ao Verbum en Samil, decidín ir correndo e así aproveitar para facer algo menos de 10km. Foron 8,32 km en 42:14 (a 5:15/km).

Mañá domingo a VigBay pero suave (a 5:10/km aproximadamente). Agora só toca coidar os pequenos detalles e chegar vén á Coruña.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 14:56
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Creo que llegaremos a un acuerdo para el ritmo. Si que tenemos que hablarlo. Ir en grupo nos ayudará. Allí nos vemos el domingo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 14:57
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 13: domingo (VigBay)
Hoxe sería a última tirada, sen ser longa longa, previa á Coruña42. Hoxe tocaba a VigBay. O obxectivo era moi distinto aos anos anteriores. Certo é que levaba 2 anos sen correla (foi a miña primeira media no 2012, e repetín no 2013, 2014 e 2015), pero hoxe non iría a por marca nin atope; senón que o obxectivo era acompañar ao meu tío no seu estreno na distancia. A idea era ir a ritmo de 1h50' ata pasar a subida de Mide, e logo coller ritmo para asegurarnos ser sub1h50' e disfrutar da carreira. Para non aburrir, porei só os datos oficiais da organización:
KM 10 00:51:36 (a 5:10/km ata ese momento)
KM 14 01:11:36 (a 5:07/km ata ese momento)
KM 18 01:32:31 (a 5:08/km ata ese momento)
META 01:48:49 (a 5:09/km finalmente)
OFICIAL 1:49:55
Obxectivo conseguido e con marxe. Disfrutamos da carreira, de menos a máis e coa sensación de ir cómodos. A partir do km 16 (de feito un pouquiño antes, na baixada de Monte Lourido), el comezou a ter problemas na rodilla. Entón aí decidimos baixar uns segundiños o ritmo e seguir, ademais nese momento apareceu o vento por primeira vez.

Resumindo, moi moi contentos. Unha bonita experiencia. Bueno, para el non sei, que tivo que aguantarme toda a carreira animando e aplaudindo á xente que estaba animando na carreira jejeje Paseino pipa Sorriso

No que a min respecta, ningunha molestia, parece que todo no seu sitio e descansado. A parte mala foi que onte cheguei tarde a casa da desta da Reconquista e apenas ceei porque xa era moi tarde, e ademais como me quedei durmido hoxe, fun en xaxún á carreira. Así que forcei un pelín o corpo innecesariamente. Pero moi cómodo e sen molestia algunha. Agora só queda coidar os pequenos detalles e facer poucos kms sen forzar nadiña.

En total foron 21,3 km (según gps) en 1:48:49.

%----------

Remata a 13ª e penúltima semana con 62,6 km.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 15:31
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

maseda escribió:
Creo que llegaremos a un acuerdo para el ritmo. Si que tenemos que hablarlo. Ir en grupo nos ayudará. Allí nos vemos el domingo.
Maseda, lino despois de escribir o resumo de hoxe. Si que temos que falalo. Pode ser un grupiño majo e para facer os primeiros 25-30 km vai vir moi ben. Logo xa nunca se sabe e cada un irá collendo o seu sitio.

Por outra banda, que antes me esquecín, un pracer saudar e falar con outros foreiros coma Litho, Doctor, Amina, Meigalicix, Pelerin, Andres61, Beauvais e todos dos que me estou esquecendo.
PD: Sanmikel, botouseche de menos eh! Nono
iRattle

Maratoniano
Maratoniano
6/06/14
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 16:49
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
Semana 6: domingo (Coruña21)

Primer mini-obxectivo antes da Coruña42. Tocaba madrugón. Coller o tren ás 7h40 en Compostela e logo paseo ata a zona de saída. Despois de tomar rapidamente un café, onde saudei a varios foreiros coma Doctor Slump, fun ao Obelisco para a Carma foto (con Moussambani, Beauvais, Lete, jgvillanueva e Sanmikel) e a fotokedada do foro máis tarde (consultar a foto para ver quen estaba xD). Moito frío. Cambieime de ropa alí mesmo, e quentei un km escaso cos compañeiros do Carma. Un deles (o novato xD) e tamén famoso foreiro, Sanmikel, sería a miña compañía na carreira. Animouse a ir xuntos e axudarme a conseguir o obxectivo: baixar de 1h23' e así facer marca persoal (a anterior: 1h23'23" na VigBay de 2014). Parecíame un pouco arriscado. Pero a idea era boa igual, pois no peor dos casos sairía unha rodaxe moi boa duns 15 kms e a acabar o mellor posible. Apetecíame probar un pouco para ver en que punto estaba. Quecemento escaso e directos entramos no caixón.

Comezamos a carreira coa idea de ir a ritmo constante de 3'55"/km, pero tendo claro que nos primeiros non pasaba nada por perder un pouquiño. O que non podíamos era sacar de punto ao corpo nada máis comezar. Non collín tempo no primeiro km, pero si no segundo: 7'56". Ben, esa era a idea. Sen embargo, como me dixo Sanmikel nese momento, parecía que íamos moi lentos porque nos estaba a adiantar moitísima xente (paso ese km no posto 193 e na saída fun o 120). Seguimos por Oza con un pouco de vento, pero todo ben. Xusto ao entrar en Oza aumentamos 1 ou 2 segundos e xa collemos o ritmo bo. De feito, no km 3 xa pasamos na posición 166 (poño o das posicións, porque reflexa bastante ben a constancia do ritmo en carreira e como pouco a pouco fomos mellorando). Estes 5 primeiros km saíron en 19'40" (3'56"/km).

A idea foi a mesma ata xirar na hípica (na volta pequena). Íamos Sanmikel e máis eu tirando dun grupiño, pero no km 9 (aínda que o reloxo marcou 3'59", pois debía estar mal posto o punto quilométrico) aumentamos un pelín de nada o ritmo: 3'52", 3'57" (avituallamento do km10), 3'54", 3'56" (bastante vento en contra en Oza neste km), 3'54" e 3'54". Saíron en 19'38" e 19'35" os parciais de 5km (5-10 e 10-15, respectivamente).

Xusto despois do avituallamento do km 15, vinme moi ben e que o corpo pedíame ir aumentar un pelín o ritmo (íamos adiantando a xente, posición 139 no km 12, e a inercia levaba a iso). Así que deixeime levar. Sanmikel quedouse 30-40 metros detrás, díxenlle que se pegara a min e comentoume que ía ben, que tirara para adiante e non me preocupase. El ten pernas para o que estábamos a facer e máis! Pero como despois me dixo, faltaba volume de kms e prefería non arriscar tanto. En calquera caso, o normal (como así foi) era que acabase mellor a min unha vez que non se gardase nada.

Así que aumentei o ritmo fixen 3'47" no km 16 e 3'48" no km 17. No seguinte, seguín aumentando e ata fixen case medio km a 3'40"-3'45", pero a parte final coincidía coa subida da hípica (paguei un pouco eses kms e tamén fun conservador para non queimarme) e polo tanto o km 18 saiu en 3'56". Volvín coller ritmo e o km 19 e o km 20 saíron en 3'55" e 3'56" (19'25" ese último parcial de 5km). Xusto nese momento, faltando 1200-1300 metros, colleume Sanmikel (que levaba uns segundos gritándome que seguise, que non baixase!) e foime quitando metros pouco a pouco (foron 8 segundos na meta creo). Non sei se podería agarrarme a el, pero deixeime levar e disfrutar dese km final, baixar de 1h23' estaba conseguido! Aínda así, os últimos 1097 metros fíxenos en 4'09" (3'46"/km).

Liña de meta e 1h22'27"!!! Marca persoal por 56 segundos!

Contentísimo! Penso que unha carreira moi boa, moi constante, controlando e de menos a máis (aínda que pouca diferencia houbo). Tan só no km 18 sufrí un pouco pola subida, aínda que despois mantiven moi ben o tipo e sen exprimir o corpo nin ir ao límite. Ao mellor, sen esa subida, podería manter o ritmo ata o final. Non o sei, pero xa da igual. Toca disfrutar!

Agradecer a Mateo que non parou de animarnos na bicicleta, tanto a min como a Sanmikel ou Pepe, toda a segunda volta! Espectacular!!! Tamén a Amina, Jesús e todos os que non me acorde, non saiba o nome, ou xente en xeral! Incluíndo todos eses grupos de persoas que xa se citaron no fío da carreira!

Felicitar a Pepe e a Lete polas súas MMP! Así coma outros como Maseda que fixeron unha rodaxe moi moi boa de cara á C42.

E por último, moitas grazas a Sanmikel! Pola compañía durante toda a carreira, non parar de animar e de preocuparse para que non falase (aínda que ás veces non lle moito facía caso jejej). Pese a todo, desagradecido de min, intentei deixalo atrás para resarcirme da semana anterior (na carreira do Entroido), pero unha vez máis está claro quen manda. En realidade era para que apretases un pouco e fixeses a túa segunda mellor marca en media Guiño

Resumindo (datos):

Tempo oficial: 1h22'33"
Tempo neto: 1h22'27"
Ritmo: 3'54"/km
Posición: 118

Parciais de 5km foron:
19'40" (3'56"/km): ----7'56"---- +3'57"+3'54"+3'53"
19'38" (3'56"/km): ----7'49"---- +3'57"+3'59"+3'52"
19'35" (3'55"/km): 3'57"+3'54"+3'56"+3'54"+3'54"
19'25" (3'53"/km): 3'47"+3'48"+3'56"+3'55"+3'56"
04'09" (3'46"/km)


Entrei 5 segundos por detrás túa en C21, fixen 1:22:33, que cousas. Moito ánimo este domingo na en C42, seguramente iremos a por o sub3 vamos!!!

Saudos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 19:44
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Parabéns Sanmikel, e todo conta para Coruña, seguro que o fas estupendo
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 09 Abr 2018, 9:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Creo que xa te teño localizado iRattle. Penso que aparecemos xuntos nalgunha foto que teño da carreira. Vémonos o domingo na Coruña, e ademais embarcados no mesmo obxectivo!

Grazas Meigalicix! Pero polo de agora sigo sendo sonsuso jejeje Non houbo fusión nin intercambio de papeis onte Ríndose
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 09 Abr 2018, 10:02
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:

Grazas Meigalicix! Pero polo de agora sigo sendo sonsuso jejeje Non houbo fusión nin intercambio de papeis onte Ríndose

Suponse que xa editara e correxira o erro onte cando o enviei, pero vese que non se gardou o cambio Confuso . O esforzo dos 21 km déixanos a algúns as neuronas un pouco derretidas Silbar
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 10 Abr 2018, 13:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Buenas. Llevo siglos sin pasar por el foro, pero me he dado cuenta de que queda una semana y me he pasado a ver si habías hecho los deberes y ya veo que vas sobrado.
Mi consejo, que me atrevo a dar sin que lo pidas, es que si hay liebre te unas sin pensarlo. Los dos últimos años, al menos, pasaron la media entorno a 1:28:30-45 para dejar margen en la segunda vuelta. El año pasado cerraba yo el grupo de la liebre (casi descolgado) y pasé por 1:29:00. Eso te permitirá rondar 2:56-57 si vas bien, y firmar el sub 3 si no vas tan bien. Por otra parte, parece que el tiempo va a ser regular, así que chula rueda va a ser de gran ayuda. Parapetado detrás de la liebre se va mucho mejor y ahorras energía.
A ver si me paso a ver, ni siquiera me he inscrito en la de diez. Ya actualizaré mi diario.
Mucha suerte y confía, que vas preparado.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 10 Abr 2018, 16:46
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ola Mateo! Un pracer terte por aquí!!! Grazas por comentar e polos ánimos!!!

Non sei se fixen os deberes, pero polo menos intenteino. Creo que o ritmo o teño e quilómetros fixen. Agora a ver como responde o corpo o domingo e disfrutar da carreira. A idea é ser sub3h e para a estratexia pensara algo parecido ao que ti dis. Os primeiros 10 km entre 4:12 e 4:15, sen presión nin agobios de ritmo, intentando ir cómodos; para que a partir do km 10 manter o 4:12 e así pasar pola media maratón en 1h29'00" ou uns segundos por debaixo. E logo intentar manter e ver que pasa según avancen os kms.

Sobre a lebre, creo que está confirmado que non vai haber. Así que haberá que montar un grupiño sub3h. Algo falei con maseda para ver que podemos facer, pois o obxectivo é o mesmo. Tamén o de jose.losada creo. Ademais vin hoxe a web da AEMET e dan 100% de probabilidades de chuvia e ventos de 35km/h (non é coña, para curiosos ver o link). Quedan moitos días e pode cambiar, ademais eu non me agobio polo tempo que haxa, o que toque. Pero parece que haberá que sufrir.

O dito Mateo, moitísimas grazas pola túa mensaxe e todos esperamos que volvan eses bos tempos polo teu diario Guiño Unha aperta grande!
iRattle

Maratoniano
Maratoniano
6/06/14
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 10 Abr 2018, 18:24
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
Creo que xa te teño localizado iRattle. Penso que aparecemos xuntos nalgunha foto que teño da carreira. Vémonos o domingo na Coruña, e ademais embarcados no mesmo obxectivo!

Grazas Meigalicix! Pero polo de agora sigo sendo sonsuso jejeje Non houbo fusión nin intercambio de papeis onte Ríndose

Si, e que chova o que queira... Eso si, vento que baixe un poquiño. Un día menos! Vamos!!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 13 Abr 2018, 19:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 14: luns (Descanso)
Que mellor que comer o tapering que con descanso?

Semana 14: martes (Saída suave de 1h)
Despois da VigBay e sendo esta semana a maratón, a idea non era outra que rodar preto de 1h a un ritmo cómodo. Sen ningunha pretensión máis. Foron 11,21km en 58:00 (a 5:10/km).

Semana 14: mércores (Descanso)
Hoxe tocaría a última saída, pero preferín descansar e deixala para o xoves.

Semana 14: xoves (A última saída)
Un pouco a mesma idea que o martes, pero máis vivo e para activar un pouco o corpo. Foi polo río Sar e quería aproveitar para facer algún km algo máis rápido. Fixen un 3x800 a 4:00/km con recuperación de 200m a trote suave. O resto da rodaxe alternou partes a 4:20/km e outras máis suaves. Pero moi moi boas sensacións. Corpo descansado, pernas non están pensadas. O único pero, unha pequena molestia nunha uña pero parece que non é gran cousa. En total foron 11,03km 51:28 (a 4:40/km).

Semana 14: venres (Descanso)
Descanso, que son os adestramentos máis importantes esta semana. Ademais, visita ao podólogo para comprobar que todo estaba no seu sitio. É unha tontería pero molesta un pelín ao andar e tamén ao correr. Nada do outro mundo, un ingrediente máis como pode ser a chuvia ou o vento. Pero nada que impida estar en plenas condicións o domingo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos