Mér, 26 Set 2018, 20:07
Asunto: Diario dun Paticorto
Moi boas a tod@s.
Preséntome por aquí (non sei se é o lugar adecuado).
Chámome Antonio, teño 31 anos e resido na Coruña.
Mido 1.75, peso 75 kilos, de complexión atlética/musculada, teño os pes bastante planos, pero bueno nunca me deron moito problema que digamos.
Sempre estiven vinculado ao deporte. Na infancia practiquei baloncesto bastantes anos. A partir dos 19 e ata a actualidade practico fitness (traballo de pesas en gym básicamente, dieta digamos que saudable etc)
Dende fai 2 anos tamén xogo a futsal cun equipo amateur de aquí.
E bueno agora chegamos ao interesante, dende fai uns meses ata aqui foime picando o gusanillo do running, primeiramente digamos porque estou cambiando de mentalidade (o fitness está moi ben, corpo moi bonito e tal, pero quero gañar funcionalidade).
Fago algún entrenamento pliometrico (básicamente series de saltos ao mítico caixón de crossfit) e tamén series de HiT en cinta (basicamente intervalos de carreira con camiñatas a paso elevado).
Pretendo comezar a sair a correr ao aire libre (se alguen se ofrece a acompañarme sería un plus) e teño como obxetivo persoal competir nalgunha carreira popular de distancias entre 5k e 10k.
Así para comezar o obxetivo que me quero poñer sería facer 10k en menos de 1h.
Para min que son un novato total no mundo do running penso que 10k xa é unha distancia considerable tendo en conta que na cinta nunca fixen mais de 7k de distancia total na mesma sesión de entreno, e tampouco de carreira continua, se non intervalos.
Bueno, por aquí estou, xa vos taladrarei a cabeza coas miñas preguntas de noob.
E aprobeito para decir que me gustaría coñecer xente de nivel algo principiante coa que animarme a sair a correr na zona da Coruña.
Unha aperta a todos.