Foros ›
Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 13 Out 2018, 23:05
Asunto: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): PECHADO

7 - 14 - 21 Km Cidade de Narón
Domingo 4 de novembro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Narón, domingo 4 de novembro de 2018.
Web da carreira: https://www.avaibooksports.com/inscripcion/-7-14-21-km-cidade-de-naron-i-a-carreira-de-tod-s/7745&lang=es
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6160&date=20181104
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=21037

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 14 de outubro de 2018 ao xoves 18 de outubro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 18 de outubro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 14 de outubro ata as 23:59 do 18 de outubro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 19 Out 2018, 8:27; editado 1 vez
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
92 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 19:22
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Deseo participar en el sorteo dorsal para 7-14-21 km. Cidade de Narón.

Me parece una idea muy original lo de escoger la distancia sobre la marcha.
Pero he decidido participar en esta carrera, y competir en 15 km., porque me viene muy bien como preparación del medio maratón de Vilagarcía, en el que tengo pensado participar, que es 15 días después.
Enhorabuena al Concello de Narón por este tipo de iniciativas.
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 15 Out 2018, 12:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Ola, a min gustaríame participar por dous motivos:
-primeiro: paréceme unha iniciativa curiosa e interesante. Moitas veces saímos en media maratón a por un obxectivo e cando levamos 12 ou 13 qms. xa vemos que nos pasamos de rosca, nun caso así poderíamos entrar na segunda volta sen medo a arriscar dende o principio
-segundo: a últimísima hora non puiden particpar no C 10 e quedeime fastidiado e sen obxectivos...así que participar no 7 14 21 é un gran aliciente.

Saúdos
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Out 2018, 21:53
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Gustaríame participar no sorteo.

Hai dúas razóns polas que me parece interesante esta carreira, a primeira é a orixinalidade de poder decidir a distancia en función de como te atopes en cada un dos pasos por meta (en principio a idea é ir a polos 21k pero nunca se sabe!), e, a segunda, é que sempre ilusiona correr unha primeira edición e así axudar coa participación a que sexa un éxito e se poida consolidar.
Domato

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
14/05/12
208 Carreiras
167 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Mér, 17 Out 2018, 19:32
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Quero participar no sorteo.
Paréceme moi interesante esta Carreira, na que vou inicialmente correr os 14Km, pero según como me atope pode q vaia a polos 21.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 7:22
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 1

A min tamén me gustaría participar.

O motivo é que non sei como me atopo de fondo, e menos en competición. Así que me tenta a idea de chegar ata onde poida (7, 14 ou 21), según me vaía respondendo o corpo.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
joanlori_es

Novo foreiro
Novo foreiro
27/09/18
0 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 10:21
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Gustariame participar no sorteo por que a idea desta Carreira e cando menos orixinal. Por outro lado e importante apoiar novas iniciativas.
O tema da distancia dividida en tres votas para que sea mais gente a que participe da que non todo mundo se atreve con 21 pero si con 7 ou 14 por tanto e outro atractivo o participar nunha Carreira con bastantes participantes (que probablemente fara que a probar se repita en vindeiros anos).
Tortux

Maratoniano
Maratoniano
30/09/14
0 Carreiras
256 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 14:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 1

Pues por supuesto que quiero participar...otra media por mi zona (espero acabar los 21 Disimulando ) hay que ir sí o si...y si me toca el sorteo...mejor!!! Bailar
carlosdpache

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/12/12
8 Carreiras
92 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 15:15
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Quiero participar en el sorteo. Seguramente pararé en la 2° vuelta.
joselug

Maratoniano
Maratoniano
13/09/09
170 Carreiras
425 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 15:22
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 1

Eu quero participar na carreira por varios motivos.
Por ser unha carreira nova e sempre está ben apoiar os debuts, máis aínda cadrando perto da casa.
Porque é orixinal dedidir a distancia sobre a marcha.
E porque me cadra xenial para preparar a Volta a Ría.
En principio faría 14km, pero xa se verá como vai a cousa.

MMP:
Milla: Sada(15) 5:48
5K: Ferrol(18) 20:44
10K: Coruña(22) 42:55
MM: Ferrol(14) 1:33:54
Maratón: Coruña(13) 3:33:45
Tri Sprint: Ferrol(14) 1:16:19
Tri Olímpico: Baiona(16) 2:29:26
Tri MD: Vigo(17): 5:05:20
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 18:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 1

Pois outro máis que se apunta ó sorteo...
Sendo a Media Maratón a miña proba preferida habera que probar esta nova carreira que atopamos no calendario, e hai que recoñecer que a idea de poder escoller a distancia sobre a marcha dalle un aliciente engadido pois non sabes quen vai a 7, a 14 ou a 21...
Eu por suposto espero completar as 3 voltas Rezar

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
RCD_Daniel

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/06/16
28 Carreiras
207 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 19:49
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Pues me gustaría participar en el sorteo, me parece una idea de "competición" muy buena.
Parla

Maratoniano
Maratoniano
27/09/11
70 Carreiras
249 Mensaxes
Temple(Cambre)
Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 21:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Participo en el sorteo del dorsal, esta carrera 7,14,21 es una novedad que a tenemos que probar , yo intentare llegar a 21 , nos veremos en Naron, saludos a tod@s los participantes.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Out 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): ata 18/10

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar y mucha suerte. Publicaremos los resultados a lo largo del viernes 19 de octubre. Estad atentos porque una vez publicados los ganadores, dispondrán de 48 horas para enviar sus datos. En caso de no recibirlos dentro de ese plazo, el dorsal pasará a uno de los suplentes.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Out 2018, 13:56
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18): PECHADO

Ganadores: joanlori_es y Domato
Enhorabuena a los ganadores de 2 dorsais para 7-14-21km Narón (04/11/18)
Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:
Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado
Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal
Link al resultado: www.randorium.com/es/rHB70PE4






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos