Lun, 04 Nov 2019, 11:30
Asunto: Re: CARRERA LAS MURALLAS DE PAMPLONA 01/11/2019 (CRÓNICA)
Pois xa de regreso desta viaxe pola Rioxa e Pamplona, vou comentar un pouco o acontecido.
Escomenzar, con que case que me quedo sen correr, xa que esgotaran as inscripcións, no Rgto. non poñía nada de límite.
E xusto a noite do mercorés, saímos o xoves as 7:30 da mañán, contactei cunha moza que non podía correr por lesión, e fixemos o cambio de titularidade (Grazas Azucena).
A mañán do día 01 visita guiada por Pamplona, e as 17:30 era a carreira, pero 1 hora antes escomenzou a chover, e xusto antes da saida arrollou, e xa nos acompañou durante a maior parte da carreira.
Os primeiros Kms. por varias ruas de Pamplona, e despois accedemos a zona das murallas e parques, precioso o percorrido, nalgúns puntos algo perigoso por ir por herba, e eso que nalgúns tramos lle meteran allfombras.
Ata o Km 9 a carreira bastante rápida, con poucos desniveis, pero ahí escomenzamos unha subida por un sendeiro dende abaixo de todo ata o mirador "del caballo blanco", xusto no alto de todo da muralla, cerca dun Km. pero moito máis duro que a subida de Vite, eu quedei literalmente clavado, despois desto baixada polo casco histórico de Pamplona e outra subida por outro camiño non tan longa pero si moi dura, si ata ese momento levaba un ritmo constante entre 4'34"/4'44", eses dous Kms. foronse a 5'27" e 5'21" e xa me deixou tocado para o resto da carreira, pero en teoría só quedan 3 Kms. o seguinte Km. tomo de transición para recuperar, pasamos por diante do Concello, máis casco histórico, e voltamos a repetir un tramo da carreira, as pernas van pesadas, xa que a parte do variado do terreo polo que corremos (adoquín, herba e terra enchoupada), levo caseque 2 meses sen facer tantos Kms. chegamos ó km 14 e decido aumentar o ritmo, saeme o 15 a 4'28" o máis rápido da proba, pero ainda falta un bo anaco para chegar a meta, sigo a un ritmo estable ata rematar. O GPS, doume caseque 15'500, e creo que ainda debeu ser algo máis o que corremos, xa que houbo moito zig-zagueo polos parques, entradas polo interior das murallas etc.
Posto 267 de 1164 chegados a meta.
Houbo un gran despliegue de medios, tanto persoais como materiais, xa que ó pouco de escomenzar, xa se fixo de noite, e había un montón de alumeado tanto de focos, como nalgún punto da muralla de antorchas, xa que algúns puntos polos que pasamos, non se pode ir normalmente.
Como único punto negativo, a parte do prezo, foi o dos avituallamentos, xa que houbo un, cando ainda non levabamos 2 Kms. e outro que era no mesmo sitio ó paso cerca do 13, e só en vasos de plástico, que conste que co que nos choveu non me fixo falta ningunha.
Última edición por Kurty o Lun, 04 Nov 2019, 11:36; editado 1 vez