Lun, 05 Out 2020, 23:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Semana 4 do plan renove:
Unha vez máis toca resumo a posteriori.
Luns día 28 pola tarde, 6,5 km en circuito peonil Balbarda, García Barbon, Urzaiz, Travesía de Vigo, cargando no último km cun paquete de 10 kg ( se me ve a físio mándame á esquina de pensar)
Martes mércores e xoves non houbo xeito de conciliar, nin tampouco moitas ganas, despois do atracón do luns
O venres día 2, paseo forzoso pola mañá, por tema laboral, de aproximadamente 5 km. Pola noite, volvendo do centro fíxoseme tarde. Seguindo ca miña teima post Covid de non coller o bus, tiven que acelerar o paso para poder chegar a casa puntual... E tanto acelerei que acabei por ir trotando, sen prisa pero sen pausa, desde a zona de Isaac Peral ata a Balbarda. Uns 20 minutos.
O sábado non notei consecuencias na perna esquerda
Así que o domingo 4 levanteime decidida a "saír do armario atlético" dunha vez... Se nas últimas saídas non se distinguía se andaba, marchaba oí ía a "trote cochinero", xa ía sendo hora de tomar bando dunha vez.
Calcei as zapatillas, e cando fun botar a man á caixa das camisetas de entrenar, quixo o destino que a que fun coller fose a da San Martiño 2017, precisamente... Coma unha especie de exorcismo ou esconxuro, en plan Labordeta cantando que haberá un día en que todos ao levantar a vista veremos outra vez a serpe multicolor pasar pola ponte do Milenio, e a Simon e Garfunkel cantar "The sound of silence" outra vez por Curros Enriquez.
O caso é que fixen un trote experimental de 30 minutos, circuito de ida e volta ás 4 Pontes, menos de 5 km.
E a perna esquerda resiste, sen inflamarse o xeonllo nen coller líquido
Non quero facer unha festa, nin plantear entrenos agora como os de hai ano e medio.
Pero si que haberá que volver a probar o domingo que vén, con espírito científico, e confirmar os resultados.
Crucemos os dedos