Mér, 06 Xan 2021, 0:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Primeira entrada do 2021:
Nos propósitos de inicio de ano estaba o de facer a táboa de exercicios todos os dÃas, polo menos 5 seguidos e logo retomar os trotes.
Logrei o o 1,2 e 3.O 4 quedou en branco e hoxe dÃa 5 fixen media táboa pola mañá.
Pero sendo vÃspera de Reis, a nena que aÃnda levo dentro reclamaba un regalo especial con impaciencia.
E asÃ, sen ter moi claro o grao de reforzo muscular destes 4 dÃas, e seguindo simplemente os impulsos primarios, tirei a eso das 5 da tarde desde a Balbarda cara Avenida Buenos Aires, decidida a facer o circuÃto de de Chapela, eses case 9 km que non pisaba desde novembro de 2019.
AsÃ, casi desde cero, contando no mue haber unhas pouquiñas saÃdas de 3km, moi espalladas, e a última hai máis de un mes... Como quen arranca en terceira.
Afortunadamente non se me calou o motor. Non é que fose pletórica, pero tampouco afogados. En calquera caso o aire frÃo, mais propio da Nocturna de Corre con Nós que dunha tarde na favela, axudou moito a tirar e non botar o freo.
Os primeiros catro kilómetros corrinnos exactamente do xeito que me define, segundo palabras do Doutor: Sen flexionar as pernas e levando para adiante o máis posible o meu centro de gravidade. Con tanta rampa cara arriba non daba para máis.
Pasado o Alto da Encarnación, xa nun nivel de calor corporal aceptable, era máis doado flexionar e abrir a zancada.
Casilla de saÃda, primeiro entreno. Non esperaba grandes cousas. Asà que rematar en 55 minutos e sen dor no xeonllo esquerdo, xa me parece de abondo. Mellor aÃnda é que horas despois non haxa sÃntomas de inflamación nin dor.
Queridos Melchor, Gaspar e Baltasar, xa vistes as cartas que escribiron Nando Freaky e Pollastre, pedindo cousas boas para min este ano, asà que espero non atoparme mañá con carbóns ao lado das miñas zapatillas. Eu pola miña banda prometo seguir sendo boa, e facer que me dure moito o meu xoguete recén estreado sen estragarse