Foros ›
¿ Correr con o sin mascarilla ?
Forum Index / Otros temas de interés
Reply to topic

Author
Message
xpab

Novo foreiro
Novo foreiro
9/10/11
0 Carreiras
10 Posts

Reply with quote Post Mon, 12 Apr 2021, 7:38
Post subject: Re: ¿ Correr con o sin mascarilla ?

Dende que deixaron sair a correr optei por aplicar o sentido común en función do que íamos sabendo da enfermidade que, basicamente, era ir so (para evitar rebufos), correr o aire libre e, no caso de cruzarme con alguén, separarme o máis posible e incluso baixar o ritmo e camiñar. Así pasaron meses e esa forma de actuar (que facía eu e entendo que unha grande porcentaxe da xente que corría) non parece que influíra nas vagas da enfermidade nin na incidencia. Non sei qué pasaría se todo seguise así, pero a alguén en Galicia -a partir da terceira vaga onde cundíu o pánico en Galicia, tristemente de forma xustificada- se lle ocurríu que puxéramos unha máscara para correr para evitar contaxios. Supoño que as mesmas persoas que, por exemplo, querían aumentar o número de comensáis das ceas de Nadal sen contabilizar nenos. Os mesmos expertos. Tendo en conta que unha máscara mollada e manipulada e mal colocada baixa a efectividade nunha cantidade porcentual considerable, non se entende que, supoñendo a actividade de correr un risco grande de contaxios, non se tivera prohibido a mesma. A non ser que quen faga as leis actúe con descoñecemento, sen asesorarse, e obviando estudios, o cal non pode ser dunha persoa á que se lle supón que unha parte grande do seu traballo hoxe en día esté adicada ó estudio dunha pandemia, minimizando as molestias a unha poboación xa bastante amargada por outras causas máis graves.

Debido a este esceario confuso, optei por levar unha máscara, para evitar sustos en forma de multa e para facilitarlle a vida ós corpos da orde. Eso si, o máis do tempo baixada (teño a sorte de poder correr case sempre por lugares non concurridos), e levantándoa se cruzo a alguén, pero realizando as mesmas "maniobras" que facía antes, esto é, correr so e alonxándome todo o posible da xente, ou baixando o ritmo se non o podo facer. Pero sobre todo escapando da falsa seguridade que podería darme levar un trapo sudado e mal colocado diante da boca.

E así seguirei actuando cando menos unha temporada; xa non me molesto en ler leis ambiguas, confusas, e contradictorias, porque ademáis os policías de balcón xa interiorizaron que correr é con máscara e quizáis te cruces con algún que non teña un bo día (recoñezo que lles collín algo de medo). Ou, quen sabe, ó mellor montan excursións para ir a algunha comunidade veciña a correr sen máscara, como facían nos tempos do destape para ir ver películas a Francia. A facer cousas indecentes. En fin, son os tempos que corren.
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
326 Posts
Diante do PC
Reply with quote Post Thu, 15 Apr 2021, 9:15
Post subject: Re: ¿ Correr con o sin mascarilla ?

Un fío de Twitter dun cardiólogo sobre máscaras e toxicidade cardiovascular coa actividade física twitter.com/zigorMM/st...058?s=1002
Javi_fer

Novo foreiro
Novo foreiro
17/12/19
5 Carreiras
14 Posts

Reply with quote Post Thu, 15 Apr 2021, 10:12
Post subject: Re: ¿ Correr con o sin mascarilla ?

Me encanta el estudio de la televisión canaria que sale en el hilo. Ese "experto" no hizo deporte en su vida y se atreve a decir que la mascarilla no reduce el VO2 max, es decir, que no solo no perjudica en el entrenamiento de baja intensidad sino que tampoco perjudica en el ejercicio a intensidad máxima. Como lleva una bata puesta y una tecnología que mide muchos números me lo tengo que creer.

A ver quien le explica a este inútil que hay una cosa que se llama calentamiento. Obviamente si estás frío y la prueba es de máxima esplosividad rindes fatal, si ya has entrado en calor la segunda prueba te sale mucho mejor. Tampoco tiene nada que ver una prueba que dura un minuto como esta chorrada con un entrenamiento completo con numerosas series, en las que después de un breve descanso tienes que volver a darte caña.

Estos estudios tiene que hacerlos alguien que sepa lo que significa hacer deporte, ya vemos que no es el caso. Me convence más lo que dice el cardiólogo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum