Foros ›
Author
Message
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 28 Mar 2021, 22:51
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Nova semana, novo resumen:

Non perderei tempo en falar das molestias do xeonllo no luns, nin da inactividade atlética ata o venres, en que fun capaz de sacudirme a nugalla e facer unha táboa de exercicios ben completa. Tampouco me vou parar no trote de 25 minutos de onte, sábado ás 7:30 da mañá volvendo case ás miñas orixes.

Vou ao importante: Hoxe entrenei acompañada na favela!!!! Desde que comecei a calzar as zapatillas no verán do 2010 podo contar cos dedos dunha man as veces que alguén quedou conmigo para correr por estas costas e rampas. E non minto: Unha vez con Aprendiz (xa choveu), dúas con Patri "A Locomotora" na tempada do 2017 cando arrasabamos a dúo nas carreiras do circuíto vigués. E hoxe, 4 anos e dúas lesións despois, animouse Nair, veciña do barrio, compañeira de traballo, e desde hai un tempo tamén compañeira no Carma.
Así que isto foi máis aínda que un entreno en compañía. Foi un Cramaentreno reglamentario. Con obxectivos modestos, eu polo xeonllo esquerdo sempre en alerta, ela polo baixón de forma postconfinamento. Así que o de facer 25 minutos a ritmo medio de 5:47 entre Doutor Corbal, Oliveira , Ríos , Riouxa e Avenida de Galicia sen morrer moito nas costas arriba deixounos contentas ás dúas, e con ganas de repetir. Espero que a racha dure.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 05 Apr 2021, 10:05
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana de vacacións na favela:

- 3 sesión suaves de leiragim, para acondicionar os regos de frambuesas e moras e que non se afogasen de herbas, e para para pasar a cortacéspede no xardín. Queda pendente o traballo de tren superior coa Stihl recortando os sebes, pero iso vai ter que ser na ponte de maio
- 1 sesión de andaina urbana , ruta García Barbón, Venezuela, Travesía
- 2 sesións de táboa de exercicios . O meu punto baixo ultimamente, prometera facer polo menos 5 días e non hai maneira. Onte tería tocado sesión, pero o corpo o que pedía era amasar e cocer ( e por suposto comer) roscón de Pascua
- 3 sesións de trote nun lapsus de 8 días, a unha media de 5,5 km por sesión, en tempos de máis ou menos 33 minutos. Tendo en conta os perfiles de este barrio, as costas entre o campo de fútbol e a hermida da Guía, ou a subida de Coutadas ata o Barrio das Flores, non lle podo pedir máis ás pernas neste momento.

O punto alto é que no trote de hoxe volvín a contar coa compañía de Nair. Non hai dúas sen tres , disque.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3791 Posts

Reply with quote Post Mon, 05 Apr 2021, 19:12
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

3x5,5 ya no es ninguna coña. Regularidad de la buena.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 11 Apr 2021, 19:54
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
3x5,5 ya no es ninguna coña. Regularidad de la buena.

Regularidade moi pouca Freaky. Esta semana, quitando a saída do luns, pasou sen facer nin unha táboa de exercicios, e o único traballo de tren dianteiro no día de onte foi amasar e cocer unha segunda tanda de roscóns , así que todos a acumular calorías en vez de perdelas. Co que diluviou onte, tampocuo apetecía saír, a verdade.

Para compensar, esta mañá Nair volveu a animarse , e saímos a pasalo ben un cacho, poñéndolle cara ao vento frío, e aproveitando o chisco de sol que asomaba ás 10 da mañá.

Tres saídas acompañada no que vai de mes xa é todo un récord sen precedentes para mín. Ademáis estimula un pouco a miña imaxinación, como ela sempre deixa nas miñas man decidir o percorrido, trato de facer sempre algunha ruta diferente buscando sorprendela cos múltiples currunchos rurais tan abundantes na favela.

Trote tranquilo. Hoxe 6, 6 km en 40 minutos . A perna ben. Xa non pido máis de momento
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 18 Apr 2021, 19:57
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Por riba de mel, filloas... ou algo así:
O caso é que este mércores tocaba revisión na fisio. Diagnóstico da perna esquerda estupendo. Seguro que é pola pouca actividade destas semanas. Pasouse a hora amañándome o hombreiro dereito e as cervicais, que estaba todo a monte.
Saín feliz e contenta da sesión, con ganas de volver paseando a casa. Así que decidín volver polo "Parque de Matías" , unha desas burbullas verdes agochadas entre a Rúa Aragón e a Travesía de Vigo.... Nunca tal fixera: Indo soa polo medio da herba sen recortar, pisei mal, torcín o pe dereito e caín cara atrás, todo ao longo , e o peor, mazando o xeonllo esquerdo. Un xeito parvo de tirar polo chan ( nunca mellor dito) os cartos da sesión da fisio. Pensei que me fixera un esguince no xeonllo esquerdo, tan doente quedou a zona.
Volvin pouquiño a pouco a casa, andando algo coxa. Ao día seguinte fun traballar co xeonllo vendado. Venrens xa parecía que as augas volveran todas ao seu rego, e hoxe domingo puxen as zapatillas para probar a ver que tal un trote.
Nair non me acompañou hoxe, por estar cansa da sesión de bici do sábado.
Doume por ir ata Arealonga, tola de min, xa non me lembraba as costas da volta. O caso é que a perna respondeu, e agora vai aguantando, con un pouco de Voltarén por si acaso.
E de momento nada de paseos polo céspede dos parques, non vaia ser o demo ...
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Mon, 19 Apr 2021, 5:57
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Anda o xeito Meiga, mira ben onde polos pes. Moito animo
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sat, 24 Apr 2021, 22:45
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Todo un luxo o desta fin de semana. Case merecería poñerlle o encabezado de "Crónicas da favela" outra vez, pero sigo reservando iso para cando se acaben as restricións, tanto as da Covid coma as miñas (cruzo os dedos).
O caso é que , despois de case un ano, puiden cruzar as fronteiras municipais e provinciais.
O venres cheguei ata Sparkland, preparada para facer un trote co meu correlega anfitrión doutras veces. Conste que intentei ir por Lonia e constatar en vivo e en directo o estado de forma de Papa Leguas, pero finalmente o percorrido foi pola zona do Paseo das Ninfas, e non foi posible o intercambio de impresións atléticas sobre a marcha.
En calquera caso, un pracer volver a, estar pola beira do Miño, correr case con equipación de verán a 20 graos, no medio da sombra dos salgueiros soltando as súas flores caendo como folerpas. Parecía como unha escena sacada dun manga ou dun anime. O problema era que a maxia do momento desaparecia cada vez que algunha das folerpas entraba polas vías respiratorias...
Entre ida e volta, e con algunha parada técnica, saíron 7,95 km a un ritmo medio de 5:45, e sen sufrir consecuencias relevantes no xeonllo esquerdo.
O sábado seguín atravesando fronteiras provinciais e municipais ata Lugo capital. Non contaba con facer nada en especial, pero o meu anfitrión lugués propuxo aproveitar a boa tarde dando un paseo polas Gandaras e o Camiño das Regás. En total unha hora, que dou para afastarse de zonas urbanizadas, sorprender os sentidos escoitando o canto do cuco en inesperadas carballeiras, e sentir como o Garmin se autoactivaba avisando de que acababa de facer 11.000 pasos.
Mágoa das dúas horas e media de encartar as pernas no coche na viaxe de volta.
Nos carteis luminosos da autovía aparecía a mensaxe de "Evite viaxes innecesarios. Sentidiño"... E que saberán os da DGT o necesaria que era esta viaxe para min...
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sat, 24 Apr 2021, 22:45
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Todo un luxo o desta fin de semana. Case merecería poñerlle o encabezado de "Crónicas da favela" outra vez, pero sigo reservando iso para cando se acaben as restricións, tanto as da Covid coma as miñas (cruzo os dedos).
O caso é que , despois de case un ano, puiden cruzar as fronteiras municipais e provinciais.
O venres cheguei ata Sparkland, preparada para facer un trote co meu correlega anfitrión doutras veces. Conste que intentei ir por Lonia e constatar en vivo e en directo o estado de forma de Papa Leguas, pero finalmente o percorrido foi pola zona do Paseo das Ninfas, e non foi posible o intercambio de impresións atléticas sobre a marcha.
En calquera caso, un pracer volver a estar pola beira do Miño, correr case con equipación de verán a 20 graos, no medio da sombra dos salgueiros soltando as súas flores caendo como folerpas. Parecía como unha escena sacada dun manga ou dun anime. O problema era que a maxia do momento desaparecia cada vez que algunha das folerpas entraba polas vías respiratorias...
Entre ida e volta, e con algunha parada técnica, saíron 7,95 km a un ritmo medio de 5:45, e sen sufrir consecuencias relevantes no xeonllo esquerdo.
O sábado seguín atravesando fronteiras provinciais e municipais ata Lugo capital. Non contaba con facer nada en especial, pero o meu anfitrión lugués propuxo aproveitar a boa tarde dando un paseo polas Gándaras e o Camiño das Regas. En total unha hora, que dou para afastarse de zonas urbanizadas, sorprender os sentidos escoitando o canto do cuco en inesperadas carballeiras, e sentir como o Garmin se autoactivaba avisando de que acababa de facer 11.000 pasos.
Mágoa das dúas horas e media de encartar as pernas no coche na viaxe de volta.
Nos carteis luminosos da autovía aparecía a mensaxe de "Evite viaxes innecesarios. Sentidiño"... E que saberán os da DGT o necesaria que era esta viaxe para min...
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2374 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Sun, 25 Apr 2021, 10:23
Post subject: Re: Diario de Meigalicix



El corazón tiene razones que la DGT no entiende.
Queda pendiente pues esa visita a la Lonia para una próxima ocasión.
Las ninfas es turismo masificado, Meiga, un camino ya muy trillado. No merece la pena arriesgarse a la intubación en UCI por aventura tan mainstream.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 03 May 2021, 21:00
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Por aquí andamos unha semana e pico despois.
Para tranquilidade de Papa-Léguas, dicir que nestes días viñeron facer un cribado no meu centro de traballo, e revalidei a miña condición de negativa para a Covid, así que non pillei nada no Paseo das Ninfas.
Polo demáis, outra semana sen táboas de exercicios e só unha saída. Iso sí, de Carmaentreno con Nair unha vez máis, recreando circuitos novos con retallos doutros vellos. Unha orixinal montaña rusa por Buenos Aires, Lema y Marina, recorte cara a Avenida de Vigo por uns carreiros que non lle desmerecen en vistas e pendente vertical aos da Rute de la Turbie de Mónaco ( un par de capas de asfalto, iso si). Logo Area Longa, Mende, Rotea, Camiño Real e subida por Caxide ata avenida de Galicia.... O Garmin toleou con tanta subida e baixada, e marcou un desnivel de 400 metros, coma se fosemos ata a Madroa facendo trail. Pero so foron 104 m, que chegaron ben.
En total fixemos case 8 km.
Entre iso e a ración posterior de traballo horticola, levo dou días que o corpo so quere sofá e picar entre horas.
A ver se lle poño algo de remedio nesta semana.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 03 May 2021, 21:00
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Por aquí andamos unha semana e pico despois.
Para tranquilidade de Papa-Léguas, dicir que nestes días viñeron facer un cribado no meu centro de traballo, e revalidei a miña condición de negativa para a Covid, así que non pillei nada no Paseo das Ninfas.
Polo demáis, outra semana sen táboas de exercicios e só unha saída. Iso sí, de Carmaentreno con Nair unha vez máis, recreando circuitos novos con retallos doutros vellos. Unha orixinal montaña rusa por Buenos Aires, Lema y Marina, recorte cara a Avenida de Vigo por uns carreiros que non lle desmerecen en vistas e pendente vertical aos da Rute de la Turbie de Mónaco ( un par de capas de asfalto, iso si). Logo Area Longa, Mende, Rotea, Camiño Real e subida por Caxide ata avenida de Galicia.... O Garmin toleou con tanta subida e baixada, e marcou un desnivel de 400 metros, coma se fosemos ata a Madroa facendo trail. Pero so foron 104 m, que chegaron ben.
En total fixemos case 8 km.
Entre iso e a ración posterior de traballo horticola, levo dou días que o corpo so quere sofá e picar entre horas.
A ver se lle poño algo de remedio nesta semana.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2974 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 09 May 2021, 15:32
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Anda a páxina medio bloqueada desde a mércores pasado.
Escribo isto sen saber moi ben se vai quedar rexistrado.
Pouco que contar desta semana, de todos xeitos:
- Táboas de exercicios : 0
- Andainas: 2, de aproximadamente 3 km, aproveitando recados no centro, pero que borrei do Strava, en lugar de rexistralas
- Trotes : 1, este domingo pola mañá. Como Nair hoxe non podía vir, prometían entrenar polas dúas, e decidín facer o meu particular "test de favela". É dicir, probar sensacións e resultados no archicoñecido e archipateado circuíto de Chapela, onde con só mirar o tempo global xa sei como vou de forma.
Estando como estou afeita a facer só 5 a 7 km, non deixaba de ser un reto isto de facer 9, sen paradas, todo para adiante e probando resistencia.
Pensei que me levaría polo menos 55 minutos.
Costou, sudei, pero rematei en 51 minutos, a un ritmo medio de 5:45, algunhas subidas case a 7, e algunhas baixadas a 4:45. Nas pouquiñas zonas de "llaneo", a 5:15 ou 5:30
En fin, tendo en conta que o xeonllo non se queixou en ningún momento (só os pulmóns), e que horas despois todo segue no seu sitio, dou o test por aprobado.
Comparto casa cunha filla deportista retirada por lesión, que lle gusta exercer de voz da conciencia e dime que non me veña moi arriba.
Por outra banda, o mércores pasado a físio encontrou todo ben, e non me manda volver ata xullo, so por dar un repaso.
Así que imos saborear de momento este "termo medio"
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
458 Carreiras
5800 Posts
O Xibao, Tomiño
Reply with quote Post Sun, 09 May 2021, 19:12
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Doy acuse de recibo con dificultad.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum