Tue, 15 Feb 2022, 20:18
Post subject: Re: VIGBAY 2022
Creo que está ben aberto este fío, para poder falar da Media Maratón, (podías poñer no título Media Maratón e xa estaba perfecto) e deixar o outro para a Maratón.
Respecto a pregunta do percorrido, xa te contestaron varios foreiros, eu despois de correla en 11 ocasións, engadiría, que é un percorrido moi enganoso, non ten grandes subidas, pero é rompepernas, e un ten que saber controlar as suas forzas, xa que os 3/4 derradeiros Kms podense facer moi longos, xa que un divisa Baiona ao lonxe, pero o percorrido vai curveando e non da rematado.
Quedan menos de dous meses.