Foros ›
Author
Message
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 03 Mar 2022, 22:46
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Meigalicix escribió:

De momento 40 mulleres anotadas para a carreira de 10km, case un 25% do total. Podería ser mellor, pero aínda menos mal

Aquello del 10% donde quedó. Ta bien, la cosa sigue aumentando.

Na modalidade de 10 km ao final quedamos no 15% de toda a vida, pero hai uns días na modalidade de 5km estaba a cousa nun 40%, e iso sí que é un cambio radical Very Happy
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Posts

Reply with quote Post Fri, 04 Mar 2022, 15:12
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Sí Meiga. Te acuerdas del censo?

Esta mañana la cosa estaba claramente en un 50%. No fui contando l@s corredores, pero más o menos había los mismos de cada sexo. Hasta diría que un poco más mujeres que hombres. También fui por el paseo marítimo que es terreno más urbano y menos, digamos, outsider.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sat, 05 Mar 2022, 23:19
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación 10K de Teis. Semanas 3 e 4

Nestes días as táboas de exercicios desapareceron do mapa, e ainda que mantiven as 3 saídas semanais, non sempre cheguei aos 27 km que me marcara de obxectivo.
Polo medio tamén moitas horas de pé na cociña facendo varias tandas de filloas e orellas, como correspondía nestas datas... O malo foron os efectos secundarios. Non só a fatiga acumulada, senón especialmente os case 3kg de peso gañados entre racións de cocido e degustación de postres, dedicándome a vivir como galega que son ( aínda que merco máis no Froiz que no Gadis)
Así que con estes antecedentes, se mañá logro rematar a carreira en 60 minutos, xa o daría por bo.
En realidade darei todo por bo. Poder correr sen que a perna esquerda se rebelde, correr sen mascarilla, correr nun día de sol, nunha rúa libre de bombas e de asedios. E moito máis do que outros teñen agora...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 07 Mar 2022, 22:17
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: III Carreira 10k de Teis
Hoxe non teño tempo máis que de facer unha crónica ao estilo Pollastre. Dar datos básicos e pouco relato épico.
Desde o punto de vista do club, xenial. Dúas persoas fixeron podium. Para a compañeira Mónica ademáis era a súa primeira vez. Sentáballe o trofeo de maravilla, mágoa que non lle regalasen o xamón como aos da clasificación absoluta.
Desde o punto de vista climatolóxico, un día inmellorable. Sol, frío e case sen vento. Ata a Favela parecía bonita ao noso paso. Será que cando se vai en nivel anaeróbico a vista non repara en pintadas, lixo, cagadas de can ou monumentos ao feismo.
Desde o punto de vista personal, digamos que quedaría un pouco en soneto de Quevedo ( miré los muros de la patria mía, si un tiempo fuertes ya desmoronados, de la carrera de la edad cansados, etc, etc). O de ir case pechando o furgón de cola xa estaba no previsto. Pero na xeral feminina e nas veteranas B, se medísemos os resultados de 0 a 10 coma nun exame, non pasaría dun 3,8. Lonxe quedan os días en que sacaba sempre aprobado alto.
Pero non foi mala carreira. Se os entrenos saían a ritmo de 6, onte logrei un ritmo medio de 5:46, a base de amor propio, e gominolas enerxéticas.
Logrei dosificar, cousa importante dada a montaña rusa brutal do trazado. E certo que o paso pola Rúa Cacharela a costa da Riouxa saíron en "estado de reptación". Certo tamén que hoxe andan os xeonllos algo resentidos.
Pero o obxectivo está cumprido. E debo confesar que unha parte do meu ego aínda segue a saborear o momento no que, reptando e todo, fun capaz de adiantar a unha das veteranas míticas do circuito e manterlle a vantaxe durante os 2 km que quedaban ata a meta.
Hoxe contarei ovellas antes de durmir e soñarei cunha Vig Bay dentro de un mes, sen lesións, e por debaixo das 2 horas... Total, é de balde
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Tue, 08 Mar 2022, 21:01
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

En este deporte nuestro incluso una NO retirada a tiempo es una victoria, sea o no en "estado de reptación". Slava Meigalicix. Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 22 Mar 2022, 19:59
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación VB22. Semana 1

Quedan exactamente 3 semanas para o evento. Concretamente terei tempo de facer 8 saídas antes da carreira, e no mellor dos casos chegarei a sumar 72 km.
Isto non é preparar unha MM. É simplemente un acto de fe, aos que somos tan proclives as persoas, crentes e ateas por igual.
Fe en que as poucas saídas da última quincena teñan servido de algo , especialmente eses 11 km xunto ao Miño ao seu paso por Sparkland, que contaba de facer acompañada de Papa-Léguas, pero unha vez máis non foi posible.
Fe en que aínda queda fondo físico (e gominolas) que permitan rematar en 1:59:59.
Fe en que as profecías da fisio na sesión desta mesma tarde terán cumprimento: "A perna esquerda está xenial, e hoxe xa che queda todo repasado e colocado no seu sitio"
A mesma fe devota coa que levo esta xornada falándolle a milenials e integrantes da xeración Z ao meu cargo de cousas como fosfatos, gas, pesca, Sáhara Occidental, Alxeria, Marrocos, vergoña , abandono, convencida de que iso vai servir de algo nalgún momento ou lugar, no sei como , pero convencida pese a todo. Do mesmo xeito que calzo as zapatillas.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Posts

Reply with quote Post Tue, 22 Mar 2022, 20:43
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Servirá Meiga, servira. Hay que tener fe en la generación Z. Están un escalón por encima de nós. Les cuesta leer dos lineas seguidas, pero dan por hecho muchas cosas que nosotros seguimos dudando.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 30 Mar 2022, 16:03
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación VB2022. Semana 2

3 saídas.
27 km totais.
0 táboas de exercicios
Media diaria de pasos en 12.800 ou por aí, por se sirve de algo facer os recados a pé nesta cidade de planta lineal... Non sei eu. Estou a día de hoxe pagando os efectos secundarios... Tantas páxinas neste diario dedicadas a falar do piramidal dereito ou do xeonllo esquerdo, e resulta que a ameaza de última hora vai ser a inflamación dunha unlla do pé dereito.
Xa lle puxen baños de auga quente e sal, betadine, alcohol. Parece que hoxe xa está mellor.
Fun correr coas zapatillas vellas e non sentín molestia. E ata logrei facer un ritmo medio de 5:40, o xustiño xustiño para rematar unha media en 1:59:40 ou algo así.
Veño agora de revisar os arquivos de Championchip, e en calquera ano dos frouxos de forma logrei facer ritmos de 5:35 sen demasiado problema. Maloserá que desta volta non chegue a outro tanto.
Crucemos os dedos para que non pase nada nestes días ( onte case caio da escaleira posando unhas polas do mandarino que temos diante da casa. Haberá que dosificar as racións de leiragim)
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4362 Posts

Reply with quote Post Thu, 31 Mar 2022, 13:24
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Ánimo con esa Vig-Bay, seguro que bajas de dos horas. Sí que echo de menos esa carrera. Curiosamente, mis problemas habituales son con el piramidal izquierdo y la rodilla derecha, al revés que tú.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 04 Apr 2022, 14:57
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación VB2022 - Semana 3

A semana pasada quedou finalmente en:
3 saídas. 27 km . Media diaria de 15.000 pasos (grazas á andaina urba do luns 28 ) . 0 táboas de exercicios e poucos estiramentos.
Con todo as sensacións foron indo a mellor. Onte logrei facer 9 km a ritmo medio de 5:25 con certa comodidade.

O plan ata o domingo vai ser:
- Martes 5: saída Chapela ida e volta
-Mércores 6 : Taboa completa de exercicios e estiramentos
- Xoves 7: última saída, tamén Chapela ida e volta
- Venres 8 : Táboa reducida de exercicios
- Sábado 9: Descanso e recollida de dorsais (se cadra algo de andaina urbana segundo anden os Vitrasas pola mañá)

E todo ao longo da semana, poñerlle velas a Deus e ao demo para que o domingo teñamos unha mañá de sol, ben refrescada de vento do norte a 15ºC como moito, que nos dea pulo de cú en praia América , e que deixe de soplar entre Sabarís e Baiona... Hai xusto dous anos conformábame con facer unha andaina sen que se resentise o xeonllo esquerdo, e agora pódeme o vicio á hora de pedir.
Disque que as cousas que non son imaxinadas e soñadas primeiro, nunca se consiguen. Se cadra a moitas das persoas que andamos en carreiras populares sóbranos máis imaxinación que forma física. Pero cada quen vaise motivando ao seu xeito...


Last edited by Meigalicix on Mon, 04 Apr 2022, 22:09; edited 1 time in total
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Posts

Reply with quote Post Mon, 04 Apr 2022, 18:58
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Bravo Meiga. Estaré muy atento a la crónica del domingo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 10 Apr 2022, 18:02
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : " XXI Media maratón Vigo Baiona"

Iso é para a organización. Para min foi a X media maratón. Ocasión para celebrar se mire por onde se mire, polo número redondo, e porque hai 2 anos estaba sumida en plena lesión, sen esperanzas de volver correr, e pensando que o meu único futuro serían as andainas.
Pero así son as voltas da vida, será polo efecto "caixa de bombóns" de Forrest Gump, ou a profecía beateliana de que o futuro nunca se coñece. O caso é que aí estaba eu hoxe, sendo da partida, encantada de estar con toda a xente do equipo, pero sen telas todas conmigo.
Moi escaso tempo de preparación real, e aínda por riba esta última semana quedou só con unha única saída, frouxa, cero táboas de exercicios, e por riba onte unha sesión intensiva de leiragim recortando o sebe ao redor da casa, cousas que saen ao paso e que non calcula unha ben as consecuencias.
Contaba con ver a Don Andrés 61 na liña de saída, pero alguén nalgún lugar debeu clavar dúas cruces no monte do olvido, e o destino unha volta máis quixo que corresemos separados.
Eramos moitas persoas pendentes do globo das 2 horas, pero saíu moi adiante, e corría a un ritmo de 5 :20 e non de 5:40.
Eu dediqueime simplemente a ir ao meu, e xa tiña de abondo con iso.
Pouco a pouco fin chegando a Canido, subindo Mide sen decaer. De feito foron saíndo os 10 primeiros kilómetros de libro, a ritmo medio de 5:30,5:31, o que eu calculaba. Pero pasados eses 10 km xa tocaba entrar en terra ignota. Máis de 3 anos sen facer esa distancia.
De caixa ía ben, pero as pernas ían algo pesadas, a pesar do suministro de gominolas enerxéticas cada 4 ou 5 km. Como o ceo abriu e comezou a facer bochorno, a opción era mollar o lombo e as pernas todo canto poida con cada botella de auga e cada esponxa.
Ao final o resultado de tanto refrescar foi que todo foi parar aos pés, e tiven que encarar Monte Lourido cos pés enchoupados coma se tivese chovido, e cun medio amago de bocha no pulgar do pe dereito.
O que non foi impedimento para acompañar cos brazos ao vento as muiñeiras dos gaiteiros de Monte Lourido, e subir a costa sen incidentes.
Cando pasei Sabarís xa ía en modo supervivencia. Nunha zona plana, onde tocaría ir a 5:20 ou 5:30, as forzas ían moi xustas e o ritmo non baixaba de 5:40.
Con todo foi de abondo para remontar 36 postos de todos cantos perdera desde o km 13, deixando atrás con mágoa ás persoas que ían quedando no chan agardando a ambulancia, ou parando a un lado a so 400 metros da meta.
O globo das 2horas, que deixara tempo atrás a media carreira, volveu a adiantarme na entrada a Baiona. Pero deixeino ir, habida conta que as súas distancias e ritmos eran outros.
Fixen ese último kilómetro cos dentes, loitando contra o cronómetro.
Cando pasei polo arco de meta o meu garmin marcaba 1:59:59. Felicidade abonda do obxectivo cumplido, que tiven ocasión de compartir con Jose e Satán que estaban tamén na zona de chegada.
Logo tocou reunirme co meu "utillero e preparador", na procura do coche aparcado, que estaba máis para alá da Virxe da Roca, pero todo contou como andaina rexenerativa.
Para esta edición, non habendo xantar colectivo en Torroña, a estratexia foi facer un cambio de roupa e aseo básico antes de entrar no coche, ducharme cómodamente en casa, sen facer cola, e logo ir xantar no primeiro sitio de boa pinta que atópasemos aberto... Acerto rotundo. As navallas e o arroz con chocos, coas filloas con chocolate de sobremesa non podían saber mellor. E con vistas á Guia.
Agora de volta en casa, tumbada no sofá, vexo que para Championchip tardei 3 segundos máis, facendo 2 horas e 2 segundos. Pero non imos discutir por calderillas.
Tendo en conta que no resto todo saíu sobre o esperado :
- Posto 297 de 616 mulleres chegadas a meta
- Posto 15 de 39 veteranas + 55
Así que unha volta máis, reinstalada no meu lugar habitual do "aprobado discreto" entre as velloucas. E o xeonllo esquerdo no seu sitio sen inflamarse.
Todo iso sumado aos logros variados das compañeiras e compañeiros de equipo ( 17 na maratón, 20 na media e 5 na Mini)
Penso que non podo pedir máis.


Last edited by Meigalicix on Mon, 11 Apr 2022, 19:28; edited 1 time in total
kosta

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/10/10
130 Carreiras
739 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Sun, 10 Apr 2022, 20:32
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Felicidades, volver a correr y disfrutar ya es un éxito.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4362 Posts

Reply with quote Post Mon, 11 Apr 2022, 4:55
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Enhorabuena.
Después de todo lo que has pasado con tus lesiones, y lo del covid, lo importante es que corriste otra vez una media maratón, y además una muy bonita como la Vig-Bay. El tiempo es lo de menos, pero es que estuviste ahí, en tus dos horas, así que muy bien. A mí también me tiene pasado, lo de pasar el arco, mirar el tiempo, y luego que en Championchip me apareciera con unos segunditos de más.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4784 Posts
K-pax
Reply with quote Post Mon, 11 Apr 2022, 7:59
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Enhorabuena Alicia,de verdad,para mí siempre serás un ejemplo,gracias por tu crónica.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum