Foros ›
[27-08-22] XXXV Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
14 Posts
Pontevedra
Reply with quote Post Wed, 03 Aug 2022, 18:18
Post subject: [27-08-22] XXXV Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)

Somos un grupo de xuventude Chupete da zona de Pintos, en Marcón (Pontevedra), que organizamos unha carreira popular que se vén transmitindo de xeración en xeración e que este ano, logo de dous anos de parada pola pandemia, retornamos coa nosa 35ª edición!

Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para sorteos, logo da entrega de trofeos, de diversos produtos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, menaxe do fogar... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco (ou polo menos intentalo).

NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e tentando mellorar naqueles puntos fracos que temos Angel . De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira con amizades e fillas e fillos!

A distancia, a partir da categoría de 9-13 e consecutivas, é de preto de 2 km Cool na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, un pequeno repeche e un par de baixadas para entrar en meta. Aquel@s que a proban din que parece máis fácil do que realmente é!
As distancias para as categorías inferiores son de 30 m (cat. 0-4) e de 250 m (cat. 5-8).

Para todos aqueles participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización. Aplauso

Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.

Este ano voltaremos a contar cunha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada durante as carreiras. Bailar Bailar

E para celebrar a nosa 35ª edición, ao remate contaremos coa actuación do grupo Son das Tabernas, e tamén unha chourizada gratis para as que o desexen! Se non os coñecedes, velaquí un exemplo no seu Facebook

Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 27!!







You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum