Sun, 25 Sep 2022, 4:36
Post subject: Re: Carrera de la Mujer 25/09/2022
Non tes que pedir perdón (xa sei que é "irónico"
), pero non marches, por favor. Creo que ese non é o nivel do foro.
(fai o que estimes, claro)
Respecto deste evento, eu creo que é un acto publicitario, márquetin das empresas, como tantos nos que participamos e mira, se saes dar unha volta pola mañán, ves caras alegres, etc. pois mira, por min vale. É unha festa á que non estou convidado e xa está. Ou sí!! Podo aplaudirlles desde a beirarrúa!!
Os que temos unha idade recordamos que antes ver mulleres nas carreiras case era anecdótico, só participaban as que corren moito moito, atletas. Con "mulleres" refírome a mulleres de baixo nivel atlético,
coma min, dos que imos facer bulto e correr un anaco en compañía, a divertirnos.
A cousa mellorou moito pero tal como indicas máis arriba creo que culturalmente aínda nos falta avanzar. Creo que é un traballo conxunto, de empoderamento e respeto. Sobre todo respeto, que aínda nos falta.
Se algunha muller le esto e vai participar pois que desfrute do día
e que non agarde un ano para volver a poñer as zapatillas. Falade con compañeiras que acuden normalmente ás carreiras que non discriminan
, que hai de todo nelas, que poden desfrutar igualmente con persoas de toda condición.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"